|
Actualidade CIG-Comunicación-
As eleccións sindicais celebradas á volta do Nadal en CESPA viñan precedidas por un complicado proceso de negociación do convenio colectivo de empresa. Un convenio que, segundo explica o secretario nacional da Federación de Servizos da CIG, Paulo Rubido, “pretendía superar as condicións laborais e salariais recollidas no convenio colectivo estatal, que fora asinado por CCOO e UGT”. O convenio de empresa, que foi asinado só pola CIG, reflectía unha suba de 1.500 euros anuais; permitía a contratación duns 25 traballadores/as como fixos/discontinuos, conseguindo así garantirlles unha maior estabilidade laboral; baixas do 100% por enfermidade común; cotización do plus de transporte e conservación, que aparece recollido no convenio estatal como tal e que aquí pasaría a integrarse ao salario base... e outra serie de melloras. Malia esas melloras, tanto CCOO como UGT negáronse a asinar o convenio, o que provocou que pasara a ser de eficacia limitada, porque a CIG no momento da súa sinatura só contaba con dous delegados, mentres que UGT tiña 2 e CCOO 1. Coa celebración das eleccións sindicais e polos resultados obtidos, constatouse o respaldo maioritario dos traballadores e traballadoras de CESPA á CIG e aos posicionamentos mantidos nese proceso de negociación. Uns posicionamentos dirixidos a garantir aos traballadores e traballadoras melloras substaciais nas súas condicións laborais e salariais, ás que se opuxeron os sindicatos estatais. Deste xeito, a CIG pasou de contar con 25 votos e dous delegados nas anteriores eleccións, a 46 votos e 3 delegados agora; entra a CUT, que non tiña representación no anterior Comité de Empresa, con 11 votos e 1 delegado; UGT pasa de 15 votos a 7 e de 2 a 1 delegado, e CCOO, que contaba con 10 votos e 1 delegado quédase con 6 votos, colocándose fora do Comité de Empresa. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 09/01/2008 |
||||
|