ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 26 de xaneiro de 2008

“Defendemos o que é noso”
Máis de 200 persoas maniféstanse cos traballadores de Marbar reclamando xustiza

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Os traballadores de Marbar reclaman xustiza; clic para aumentar
Os traballadores pecharon as instalacións da empresa coa maquinaria pesada que permanece na nave industrial en Tebra.
Os traballadores de Marbar reclaman xustiza; clic para aumentar
Os traballadores de Marbar reclaman xustiza; clic para aumentar
Os traballadores de Marbar reclaman xustiza; clic para aumentar
Os traballadores de Marbar reclaman xustiza; clic para aumentar
Os traballadores de Marbar reclaman xustiza; clic para aumentar
Á chegada ao centro de Tomiño chegaron os aplausos e o apoio das xentes da vila para estes traballadores e traballadoras.
Os traballadores de Marbar reclaman xustiza; clic para aumentar
Os traballadores de Marbar reclaman xustiza; clic para aumentar
Os traballadores de Marbar reclaman xustiza; clic para aumentar
Os traballadores de Marbar reclaman xustiza; clic para aumentar
A alcaldesa nacionalista Sandra Gónzález (primeira á esquerda) baixou do concello para receber aos manifestantes, amosando a solidariedade da Administración local, e estivo até o final do acto, no que participou Xoan Xosé Melón, co altofalante en mán, secretario nacional da CIG Construción.
Os traballadores de Marbar reclaman xustiza; clic para aumentar
Para rematar José Pedreira, traballador de Marbar falou ante os concentrados para agradecer o apoio recibido ao longo destes dias. (Fotos: ©galizacig.com 25/01/2008).
 
Pasadas as once e media da mañá os traballadores e traballadoras de Marbar deixaban pechadas as instalacións da nave industrial, que levan toda a semana defendendo, con quendas noite e día, para comezar unha marcha de máis de cinco quilómetros até o Concello de Tomiño.

“Só defendemos o que é noso” foi un dos berros máis escoitados nesta mobilización, na que os traballadores e traballadoras afectadas portaban unha faixa co lema “Nós tamén temos hipotecas e familias que manter. O xefe marchou co noso diñeiro. Reclamamos o noso”.

Despois dunha intensa semana de xuntanzas, posta en común da información, desconcerto e moito apoio e solidariedade, os traballadores e traballadoras, co apoio da CIG sempre, amosaban con este acto unha nova mostra de fortaleza diante da situación dun empresario que fuxe e abandona aos traballadores, tenta descapitalizar as empresas, e o único que deixa é unha lista aínda sen concretar de acredores e débedas.


Marcha de cinco quilómetros

Desde a nave industrial en Tebra até o centro de Tomiño, os propios afectados e afectadas estiveron acompañados de delegados e delegadas sindicais de numerosas federacións, distintos representantes da CIG a nivel comarcal e confederal, que percorreron en menos dunha hora os cinco quilómetros que separan estas instalacións da empresa Marbar do centro de Tomiño.

Á chegada a Tomiño estivo acompañada tamén dos aplausos das xentes que se encontraban nas rúas e que acompañaron á manifestación até o propio Concello, onde todo o equipo de goberno da Administración local, coa alcaldesa do BNG, Sandra González, á cabeza acudiu a recibir aos traballadores e incidiu no seu apoio e solidariedade con este colectivo.


Importancia da unidade

Para rematar este acto, Xosé Xoán Melón, secretario nacional da CIG Construción, salientou a “valentía e a importancia da unidade de todos os traballadores nesta empresa, que pode ser exemplo para máis casos que podan vir, despois do boom ficticio que vivimos no sector da Construción no noso país, e por iso foi moi importante a rapidez na actuación, a coordinación co sindicato e a boa sintonía desde o primeiro momento que tivemos, que deixa que esta semana rematamos cunha moi boa nota este conflito”.

Ademais un dos traballadores, José Pedreira, falou para agradecer o apoio recibido e a solidariedade, e anunciou que continuarían “defendendo o que é noso, e reclamando que non poda haber empresarios deste tipo, porque nós tamén temos que vivir e hai que perseguir a este tipo de irresponsábeis”.

 
 
Informacións relacionadas
25/01/2008 A marcha partirá ás 11 da mañá da nave industrial de Edificacións Marbar (na Tebra) e rematará no centro de Tomiño
A CIG convoca unha mobilización de apoio aos traballadores e traballadoras das empresas Marbar
23/01/2008 56 persoas e graves consecuencias
Os traballadores da construtora Marbar fechados nas instalacións da empresa ante a fuxida do xefe
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 26/01/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta