Actualidade / ArtigoVolver


Vigo, 25 de xaneiro de 2008 (Publicado en Diario de Ferrol o 24/01/2008)

A cuestión vasca
 

Manuel Mera-

fs@galizacig.net


  Autodeterminación; clic para aumentar
Non semella que se avance cara a paz ao desbotar por principio a negociación política e negar o feito nacional vasco, catalán e galego.
 
Todo indica que nestas eleicións o debate centrarase na economía, deixando nun segundo plano a cuestión vasca, que foi durante os últimos anos o tema co que os conservadores aguilloaron ao Partido Socialista desde a oposición. Mais non por iso deixa de ser unha cuestión fundamental, que necesita de claridade, firmeza e regras democráticas. Hoxe as posturas destes partidos son moi coincidentes, competindo no discurso sobre quen é máis duro, non só con ETA senón coa esquerda arbetzale no seu conxunto, considerada toda ela como cómplice do terrorismo. Desbótanse as matizacións, polo que se corre o perigo de que os que procuren a plena soberanía por métodos políticos tamén sexan excluídos.

Mesmo dáse o paradoxo de que primeiro se informa da decisión política de ilegalizar a ANV e despois se procuran as probas, o que non di moito a prol da independencia xudicial. Neste eido compre recoñecer que o Partido Popular gañou a batalla. Outra cuestión é que deste xeito se solucione o conflito, xa que non se pode descoñecer que ten raíces moi fundas e gran apoio social. Non semella que se avance cara a paz ao desbotar por principio a negociación política e negar o feito nacional vasco, catalán e galego.

A violencia armada non ten lexitimidade social neste contexto, non se pode xustificar a morte planificada de persoas ou vela como “danos colaterais”, nen tampouco aceptar a tortura pra “protexer a democracia”. Agora ben, mentres se fala a esgalla de globalización e autonomías, de pluralismo, o certo é que sufrimos os maiores intentos do centralismo por asimilar as nacións da periferia do Estado; e iso, ademais de perverso, non axuda a calmar os ánimos... e os métodos represivos, aínda aceptados pola maioría, nunca poderán seren unha solución definitiva á cuestión social ou nacional.

 
 
  Manuel Mera,
secretario confederal de Formación Sindical e
Comunicación da CIG.
(Máis artigos...)
  Manuel Mera
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/01/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta