ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 16 de xaneiro de 2008

Camiñando cara unha folga nacional
Mobilización das traballadoras do servizo de limpeza do Hospital de Montecelo pola equiparación e a carreira

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Equiparación total para todos/as, Clece cumple co Convenio!; clic para aumentar
As traballadoras e traballadores da empresa adxudicataria de Clece, que realizan a limpeza do Complexo Hospitalario de Pontevedra, manifestábanse desde as dez da mañá pola equiparación salarial e a carreira profesional. (Fotos: ©galizacig.com 15/01/2008).
Equiparación total para todos/as, Clece cumple co Convenio!; clic para aumentar
 
Nova mobilización das traballadoras e traballadores das empresas adxudicatarias do Sergas, desta volta, na cidade de Pontevedra, e aproveitando a hora do descanso, un numeroso e ruidoso grupo de traballadoras manifestábanse diante do Hospital de Montecelo.

As traballadoras e traballadores da empresa adxudicataria de Clece, que realizan a limpeza do Complexo Hospitalario de Pontevedra, manifestábanse desde as dez da mañá para unirse deste xeito ás outras mobilizacións realizadas nos hospitais de Vigo, e que se van estendendo ao longo do país con asembleas e novas convocatorias, que van camiño dunha folga nacional pola equiparación salarial e a carreira profesional.


Cumprimento do convenio

Clece, a empresa concesionaria do servizo de limpeza, ten asinado coas traballadoras e traballadores a equiparación cos grupos E e D do Sergas, pero está a incumprir estes pagos.

O obxectivo desta concentración, ademais de pola cuestión da carreira profesional e a equiparación salarial co persoal do Sergas, viña motivado pola protesta polo impago de varios conceptos salariais en materia de antigüidade.

As mobilizacións e asembleas continuarán nas próximas semanas, coa posibilidade dunha convocatoria de folga en todos os hospitais galegos a finais de mes, así como un encontro previo de delegados e delegadas en Compostela, para continuar a presionar ao Sergas e as empresas concesionarias para que cumpran co seu compromiso da equiparación salarial e o pago da carreira profesional.

 
 
Informacións relacionadas
21/12/2007 Esta vez, diante do Hospital Xeral Cíes de Vigo
O persoal das contratas do Sergas repite mobilizacións pola equiparación salarial da carreira profesional
20/12/2007 As contratas do Sergas incumpren o acordo de aboar a carreira profesional a traballadoras de limpeza, cociña e mantemento
Concentración polo cumprimento dos convenios de equiparación salarial nos hospitais de Vigo
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 16/01/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta