|
Actualidade CIG-Comunicación-
Entre os asistentes á presentación estiveron as viúvas de Manuel María e Aresti, Saleta Goi e Meli Esteban, respectivamente; a secretaria confederal de Servizos e Afiliación da CIG, Elvira Patiño; os coordinadores do libro, Xurxo Martínez Crespo e Raúl Río Díaz, ademais do escritor vasco Edorta Jiménez. Segundo Martínez Crespo, ‘Galegos en Bizkaia-Galiziarrak Bizkaian’ é “a voz dos poetas que falan en nome dos traballadores que non teñen voz, igual que un día falou por eles Rosalía de Castro cando marchaban a Castela”. “Gabriel Aresti, o poeta máis importante do pasado século de Euskal Herria, foi un deses vascos que non se resignaron só a recibir dignamente os inmigrantes galegos que chegaban ao seu país. Abriu a súa mente á súa cultura e chegou a ser tradutor ao euskara da obra de Lamas Carvajal, Castelao, Curros, dos poemas galegos de García Lorca ou mesmo do ‘Pranto Matricial’ de Paz Andrade”, explica. O presente volume foi coeditado polas fundacións Ipar-hegoa Ikasketa Sindikaletarako Fundazioa, dependente de LAB, e por FESGA, da CIG, en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados. Da tradución ao euskara encargouse Edorta Jiménez e do deseño Breixo Lousada. |
||||
Informacións relacionadas
|
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 22/01/2008 |
||||
|