ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 22 de xaneiro de 2008

Reclaman ás empresas adxudicatarias o cumprimento do Convenio
O persoal de limpeza hospitalaria de A Coruña tamén se mobiliza pola equiparación salarial co Sergas

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Pola defensa do Convenio Colectivo; clic para aumentar
Os empregados/as do servizo de limpeza hospitalaria de A Coruña quedaron emprazados a participar na concentración do 23 de xaneiro en San Caetano, en Compostela. (Foto: ©galizacig.com 21/01/2008).
 
O persoal de limpeza hospitalaria de A Coruña botouse a rúa para esixir a equiparación salarial cos traballadores/as do Sergas, do mesmo xeito que fixeron nas semanas anteriores os seus compañeiros e compañeiras doutras cidades galegas.

O 21 de xaneiro os traballadores e traballadoras manifestáronse nos exteriores do Materno Infantil Teresa Herrera de A Coruña. Días antes tamén se mobilizaran diante do Juan Canalejo e do Abente y Lago (antigo hospital militar).

Os empregados/as do servizo de limpeza hospitalaria de A Coruña quedaron emprazados a participar na concentración do 23 de xaneiro en San Caetano, en Compostela.

 
 
Informacións relacionadas
18/01/2008 Cociña, limpeza e mantemento en loita
Continúan as mobilizacións nos hospitais de Vigo pola equiparación salarial e o cumprimento dos convenios
16/01/2008 Camiñando cara unha folga nacional
Mobilización das traballadoras do servizo de limpeza do Hospital de Montecelo pola equiparación e a carreira
21/12/2007 Esta vez, diante do Hospital Xeral Cíes de Vigo
O persoal das contratas do Sergas repite mobilizacións pola equiparación salarial da carreira profesional
20/12/2007 As contratas do Sergas incumpren o acordo de aboar a carreira profesional a traballadoras de limpeza, cociña e mantemento
Concentración polo cumprimento dos convenios de equiparación salarial nos hospitais de Vigo
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 22/01/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta