ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 9 de xaneiro de 2008

Prevé a revogación ou suspensión das autorizacións de transferencia xa concedidas
O Regulamento que desenvolve a Lei Orgánica de Protección de Dados recolle achegas da CIG
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Por un emprego digno, non á deslocalización; clic para aumentar
Aínda que haberá que agardar á publicación no BOE deste Regulamento para coñecer o seu alcance real, a CIG considera que supón un paso adíante na loita contra a deslocalización no sector de Telemárketing e que recolle parte das achegas realizadas polo sindicato. (Foto: “Por un emprego digno, non á deslocalización”, lema da folga do 21 de decembro de 2007 no sector de Telemárketing. ©galizacig.com).
 
O pasado 11 de abril de 2007 en pleno conflito polos despedimentos de Atento, a CIG mantivo unha reunión en Madrid coa Axencia Estatal de Protección de Dados, na que estivo presente o director da mesma, Artemí Rallo. O 15 de decembro o Consello de Ministros aprobou o Regulamento que desenvolve a Lei Orgánica de Protección de Dados. Á espera da súa publicación definitiva aparentemente este recolle parte das achegas presentadas pola CIG naquela reunión.

En primeiro lugar a CIG expuxo ante a AEPD a situación do sector de Telemárketing e o proceso de deslocalización facilitado polas autorizacións internacionais de dados a países considerados non seguros, nomeadamente a Marrocos e América Latina. Representantes da central nacionalista destacaron daquela a sensibilidade do director da Axencia ante a situación laboral provocada pola deslocalizacion no sector de Telemárketing.

No transcurso da reunión, a CIG expuxo a indefensión dos traballadores e traballadoras xa que nas autorizacións o anterior equipo directivo da AEPD non os consideraba como parte afectada, polo que non podían presentar alegacións.

Daquela a AEPD puxo en marcha un sistema provisional de comunicación aos sindicatos que permitiu á CIG presentar un contencioso administrativo contra a autorización de transferencia internacional de datos dos clientes de Telefónica Móviles a Perú, pois se dá a circunstancia de que Parte do servizo de atención aos clientes de Telefónica Móviles préstase na empresa Eurocen de A Coruña que emprega a 1.000 persoas.

A CIG expuxo tamén na xuntanza de abril que non había posibilidade de presentar alegacións contra as transferencias xa autorizadas que están a facilitar a deslocalizacion no caso de Atento-Telefónica. Neste senso, o novo Regulamento aprobado polo Goberno prevé a revogación ou suspensión das autorizacións xa concedidas.

Aínda que haberá que agardar á publicación no BOE deste Regulamento para coñecer o seu alcance real, a CIG considera que supón un paso adíante na loita contra a deslocalización no sector de Telemárketing e que recolle parte das achegas realizadas polo sindicato na reunión do 11 de abril de 2007, a primeira que mantivo un sindicato con este organismo ante a deslocalizacion do sector de Telemárketing.


CIG-Banca, 9 de xaneiro de 2008.

 
 
Informacións relacionadas
05/01/2008 Contra as deslocalizacións no Telemárketing
A CIG impugna xudicialmente a transferencia a Perú de dados persoais de clientes de Telefónica
28/12/2007 O secretario nacional da Banca e delegadas do sector presentaron ao deputado Fernando Blanco un paquete de medidas urxentes
A CIG solicita do BNG apoio a súa proposta contra a deslocalización do Telemárketing
22/12/2007 Cun seguimento do 90%, empresas como Atento, Bosch ou Eurocen estiveron practicamente pechadas
Telemárketing: Unha folga con carácter galego
21/12/2007 Clodomiro Montero, secretario nacional de CIG Banca
“A CIG é un referente no Telemárketing como demostra a folga do día 21”
19/12/2007 Pronunciamentos favorábeis dos Comités de Atento e Eurocen
Medra o apoio á Folga no sector do Telemárketing
13/12/2007 Denuncian a precariedade laboral e a deslocalización
As centrais sindicais CIG e CGT convocan folga no sector de Telemárketing para o 21 de decembro
01/12/2007 CIG e CGT desconvocan a folga do día 7 e contémplase o anuncio doutra convocatoria inmediata
Comfia-CCOO e Fes-UGT asinarán o IV Convenio de Telemárketing o 5 de decembro
30/11/2007 CCOO, UGT e patronal asinan un preacordo de Convenio que amplía a temporalidade e establece salarios de miseria
O 7 de decembro CIG e CGT convocan Folga no sector de Telemárketing
18/10/2007 Medio centenar de delegados/as do sindicato concéntranse ás portas de Eurocen en A Coruña
Iníciase a campaña de mobilizacións da CIG contra a deslocalización no Telemárketing
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 09/01/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta