ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 22 de xaneiro de 2008

Pola equiparación a nivel galego
Os bombeiros dos Consorcios Comarcais de Pontevedra reuniranse coa Xunta para desbloquear o conflito salarial

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Coches de bombeiros; clic para aumentar
Os traballadores reclaman unha suba igual á dos Consorcios de A Coruña con efectos retroactivos desde outubro de 2007 no camiño da substitución dos actuais Consorcios Comarcais por un único Consorcio Provincial con xestión pública directa, tal como recolle a disposición adicional 3ª da Lei de Emerxencias de Galiza do ano 2007. (Foto: ©galizacig.com).
 
A directora xeral de Protección Civil, Esther González Saavedra, convocou para o martes 22 de xaneiro ás 16:30 horas a unha representación dos bombeiros dos tres Consorcios Comarcais privatizados da provincia de Pontevedra (O Morrazo, O Salnés e Baixo Miño).

A intención desta xuntanza é tratar de dar saída á situación de discriminación salarial na que se atopan os bombeiros dos anteditos Consorcios Comarcais que foi denunciada publicamente pola CIG na pasada semana.

Esta situación é consecuencia da negativa da Deputación de Pontevedra a chegar a un acordo coa Consellaría de Presidencia semellante ao acadado en A Coruña, que permitiu nesta provincia incrementar os salarios 230 euros ao mes para os bombeiros, 300 euros para os cabos e 100 euros para os xefes de servizo desde outubro de 2007.


Equiparación salarial

Os traballadores reclaman unha suba igual á dos Consorcios de A Coruña con efectos retroactivos desde outubro de 2007 no camiño da substitución dos actuais Consorcios Comarcais por un único Consorcio Provincial con xestión pública directa, tal como recolle a disposición adicional 3ª da Lei de Emerxencias de Galiza do ano 2007.

Os bombeiros dos parques de O Morrazo, O Salnés e Baixo Miño esperan ao resultado desta xuntanza na Consellaría para deseñar as súas accións reivindicativas.

 
 
Informacións relacionadas
18/01/2008 A Deputación de Pontevedra discrimina aos bombeiros
A CIG reclama para o Parque de O Morrazo a suba salarial pactada coa Xunta a nivel galego
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 22/01/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta