|
Actualidade CIG-Comunicación-
Trátase dunha suba salarial nas 14 pagas de 191 euros para os bombeiros, 256 euros para os cabos e 78 euros para os xefes de servizo, asumida de maneira compartida pola Consellaría de Presidencia e pola Deputación Provincial. Louzán certificou que esta suba será aplicada desde o mes de xaneiro de 2008 e que se debaterá no marco de cada Consorcio Comarcal a posibilidade de facela retroactiva desde outubro de 2007.
Este acordo foi consecuencia das accións reivindicativas iniciadas polos bombeiros na pasada semana, que foron interrompidas o xoves como mostra de boa vontade cando a Deputación asegurou que tiña vontade de solucionar esta situación, que mantiña discriminados aos bombeiros dos consorcios comarcais pontevedreses fronte aos seus compañeiros doutras provincias. |
|||||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 31/01/2008 |
|||||||||
|