ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 28 de xaneiro de 2008

Existen discriminacións retributivas
Os Inspectores de Pesca Marítima estarán de folga o 29 de xaneiro

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  O buque de inspección P61 Chilreu; clic para aumentar
A falla de regulación nos postos de traballo dos IPM, o persoal que tome posesión dos mesmos vese na obriga, mediante o recurso sistemático a Ordes de Comisión de Servizo, de realizar servizos extraordinarios, tanto no relativo aos horarios como á ubicación dos mesmos (calquera xornada ou horario en calquera localidade, o que inclúe diferentes países de calquera parte do mundo). (Foto: O buque de inspección P61 Chilreu atracado no porto de A Coruña).
 
A CIG-Administración do Estado denuncia a falla de vontade da Administración do Estado para regular a situación laboral dos Inspectores de Pesca Marítima, dependentes funcionalmente do Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación. Estes traballadores estarán de folga o 29 de xaneiro.

A deficiencia no control agrava a xa delicada situación dos Recursos Pesqueiros, como ocorre coas especies de atún vermello, anchoa, pescada e outras que se atopan sobreexplotadas e cos risco de colapso.

Por todo isto, a CIG-Administración do Estado, coherente coa filosofía de substentabilidade dos recursos e polo futuro dos nosos caladoiros, aposta por un Corpo de Inspección de calidade debidamente regulado. Realizaranse diversas accións para denunciar esta situación que darán comezo con unha xornada de folga para o día 29 de xaneiro; ademais dunha concentración diante do Ministerio de Agricultura e Pesca, conxuntamente cos sindicatos ELA e o Sindicato de Administración Pública (SAP), maioritarios en dito corpo, e que conta coa adhesión do máis do 90% dos Inspectores a nivel estatal, incluídas as dos afiliados doutra sindicatos (CCOO, UGT e CSIF) que, en principio, non se adhiren á convocatoria de folga.

Neste contexto, a CIG-Administración do Estado non descarta convocar outro tipo de mobilizacións e trasladar as denuncias a outras instancias (organismos internacionais, Comisión Europea, Parlamento Europeo) se dende o Ministerio de Agricultura e o Ministerio de Administracións Públicas, competentes na materia, non se aveñen a negociar unha saída á situación actual.


Motivos da convocatoria

A modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) dos Inspectores de Pesca Marítima (IPM), de xeito unilateral por parte da Administración, establecendo unha discriminación retributiva xa que, a postos con idénticas funcións corresponden idénticas retribucións.

Logo de moitas demandas feitas polas organizacións sindicais para que se procedese a regular as condicións dos postos de traballo dos IPM, estas nunca foron atendidas pola Administración.

Aínda non se procedeu á realización da Avaliación de Riscos Laborais específica dos postos de IPM, a pesar da manifesta (recoñecida pola Administración) perigosidade asociada ás funcións propias dos mesmos.

Non ter incluídos nas retribucións complementarias dos postos de IPM, como corresponde en dereito, os conceptos de perigosidade, penosidade, dedicación, responsabilidade e actividade extraordinaria, que si ben, nalgúns casos, retribúense de xeito incorrecto mediante complementos, noutros casos non foron contemplados de xeito algún.

A falla de regulación nos postos de traballo dos IPM, o persoal que tome posesión dos mesmos vese na obriga, mediante o recurso sistemático a Ordes de Comisión de Servizo, de realizar servizos extraordinarios, tanto no relativo aos horarios como á ubicación dos mesmos (calquera xornada ou horario en calquera localidade, o que inclúe diferentes países de calquera parte do mundo).


Reivindicacións

• A equiparación de tódolos postos de IPM, en canto a que a iguais funcións corresponden iguais retribucións.

• A realización dunha Avaliación de Riscos Laborais específica e completa dos postos de IPM.

• Unha regulación de xornada e horarios que responda á realidade do desempeño de funcións por parte dos IPM.

• Unha regulación digna dos horarios especiais.

• Que se poña fin ao recurso sistemático e inxustificado das Ordes de Comisión de Servizo para instar á realización de xornadas e horarios impropias das que actualmente corresponden aos postos de traballo de IPM.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 28/01/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta