ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 16 de xaneiro de 2008

Demandan cese de Xerencia
Protesta da Comisión de Centro do CHOP na presentación da nova equipa directiva

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Protestas polo cese da Xerencia do CHOP; clic para aumentar
As protestas tiveron lugar na presentación interna que realizou a xerente do CHOP no Hospital de Montecelo, así como na rolda de prensa que realizou esta xerente no Hospital Provincial para presentar á nova equipa. (Fotos: ©galizacig.com 15/01/2008).
Protestas polo cese da Xerencia do CHOP; clic para aumentar
Protestas polo cese da Xerencia do CHOP; clic para aumentar
 
Son moitos os meses de mobilización e actos de protesta no Complexo Hospitalario de Pontevedra pola xestión e polos problemas de recursos humanos neste hospital. Unha nova acción foi na presentación da nova equipa de Dirección a aparición de máis de vinte persoas con carteis coa lenda de “Cese Xerencia”.

Estas protestas tiveron lugar na presentación interna que realizou a xerente no Hospital de Montecelo, a primeira hora da mañá, así como na rolda de prensa que realizou esta xerente no Hospital Provincial para presentar á nova equipa.

Na rolda de prensa os delegados e delegadas da Comisión de Centro, apoiaban esta proposta 17 delegados/as dos 25 electos (SATSE, CIG, que conta con 5 delegados/as, CCOO, UGT, OMEGA), despregaron carteis reclamando o cese da xerencia do CHOP. Ademais acompañaron con estes carteis tamén a saída da xerente do salón de actos.


Comunicado da Comisión de Centro

A continuación reproducimos o comunicado ao que deu lectura Judith Juncal, secretaria da Comisión de Centro, para dar a coñecer a posición dos traballadores e traballadoras sanitarias sobre este “novo acto de propaganda e difusión cara fora das políticas baleiras da xerencia do centro”:

«A comisión de Centro do CHOP estivo ao longo de moitos meses reclamando e sen resultados medidas para solucionar problemas de recursos humanos e de xestións neste complexo. Desde o ano 2006 estivemos chamando a atención sobre diversos problemas tanto de servizo público, calidade asistencial como as listas de espera, os colapsos de urxencia permanentes e outros, como das condicións de traballo do persoal deste complexo (fuga de facultativos, redución de persoal) que seguen sen ser solucionados, e están en igual ou peor situación que a denunciada no seu momento. Está ai o exemplo de cardioloxía, onde hai menos facultativos dos que había cando entrou a actual xerente, urxencias, co colapso permanente, pediatría, a UCI que está sen médicos practicamente, dixestivo, medicina interna, neumoloxía, reanimación, a unidade de transfusións... Pensamos que non hai servizos neste complexo hospitalario que non estea sufrindo a mala xestión desta xerencia.

Todos os esforzos que non adicou esta xerente a facer un traballo serio co seu equipo, non escatimou nada en maquillar a súa imaxe diante da opinión pública, e o seu único obxectivo foi a lista cirúrxica, e mesmo os datos que ela reflexa nós os poñemos moi en dúbida.

Non consideramos que as mudanzas na equipa directiva sexan as solucións, porque a solución sería que a xerente marchase, por iso continuamos a demandar o cese da xerente.

En definitiva consideramos desde todos os estamentos profesionais (e é que esta muller conseguiu cabrear a todos os estamentos profesionais neste complexo hospitalario) que manter na dirección á actual xerente é abocar ao noso centro a unha situación de crise de cada vez máis difícil situación, e por todo isto esiximos o cese inmediato da actual xerente».

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 16/01/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta