|
Actualidade CIG-Comunicación-
A aplicación desta percepción económica, segundo o documento asinado, realizarase como Plus de equiparación profesional, aboándose as cantidades devengadas durante o ano 2007 e a do mes de xaneiro de 2008 nun só pagamento, antes de abril de 2008. Desde febreiro de 2008, inclusive, e en diante, aboarase de xeito prorrateado en cada unha das mensualidades. As partes asinantes acordaron ademais a creación dunha Comisión de Seguimento para a aplicación deste acordo coa fin de vixiar o estrito cumprimento do mesmo. O pasado ano os sindicatos con representación no Sergas e o propio Sergas chegaban ao acordo de recoñecer a carreira profesional para os traballadores e traballadoras do Sergas. Isto supuña incluír un novo complemento económico que xiraba arredor dos 700 euros para o ano 2007 e uns 800 euros para o 2008. Practicamente todos os traballadores e traballadoras das contratas tiñan recoñecida xa a equiparación salarial e ao acadarse ese acordo o que solicitan é que se lles recoñeza tamén a carreira profesional e as condicións salariais derivadas. A negativa das contratas a aceptar esas demandas provoca a convocatoria de mobilizacións, concentracións e mesmo a convocatoria dunha folga que estaba prevista para o próximo día 29 de xaneiro. Diante da convocatoria de folga, o propio Sergas insta ás partes a unha nova xuntanza na tarde do luns 21 de xaneiro na dirección provincial do Sergas de Vigo. Unha xuntanza na que, tras 8 horas de duras negociacións conseguiuse chegar ao acordo de recoñecer a carreira profesional para todos os traballadores e traballadoras das contratas e o complemento salarial derivado, que neste caso recibe o nome de “Plus de equiparación profesional”. CIG, CCOO e UGT valoran moi positivamente o acordo acadado, máxime cando a carreira profesional aínda non se está a aplicar ao 100% dos traballadores e traballadoras do propio Sergas.
|
||||||||||||
Informacións relacionadas
|
||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 23/01/2008 |
||||||||||||
|