ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 4 de xaneiro de 2008

Medio centenar de traballadores das auxiliares participan en
As Pontes nunha asemblea no local do sindicato nacionalista

UGT e CCOO confabúlanse para excluír afiliados da CIG das incorporacións a Endesa

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Asemble auxiliares Endesa; clic para aumentar
O pasado 3 de xaneiro o local da CIG en As Pontes acolleu unha asemblea de operarios das auxiliares afiliados ao sindicato nacionalista, á que acudiron por volta de cincuenta persoas. Á parte da vía xudicial en curso, a CIG trasladará estas irregularidades a todas as instancias políticas e non descarta, asemade, que se retomen as mobilizacións. (Foto: ©galizacig.com 03/01/2008).
 
A CIG denuncia a opacidade do proceso de selección de 80 traballadores das auxiliares que se incorporaron a Endesa en As Pontes. Da lista foron excluídos operarios afiliados á central nacionalista, algúns deles con 30 anos de traballo na mina. A CIG non dubida en responsabilizar desta manobra caciquil a UGT e CCOO, presentes na Comisión de Seguimento do Plan Miner II, da que foi excluído o sindicato nacionalista.

A CIG considera que os criterios empregados para escoller os 80 operarios que se incorporaron a Endesa non foron obxectivos. Pola contra, primouse a afinidade política e sindical. Algúns operarios incluídos na lista non reúnen os requisitos mínimos previstos no Plan Miner, mentres que parte dos discriminados traballaron durante décadas na mina. A central nacionalista presentou unha demanda de tutela do dereito á liberdade sindical, entre outras razóns, para poder paralizar este proceso selectivo.

Mentres, o pasado 3 de xaneiro o local da CIG en As Pontes acolleu unha asemblea de operarios das auxiliares afiliados ao sindicato nacionalista, á que acudiron por volta de cincuenta persoas. Á parte da vía xudicial en curso, a CIG trasladará estas irregularidades a todas as instancias políticas e non descarta, asemade, que se retomen as mobilizacións.

Para a CIG resulta inadmisíbel que CCOO e UGT, representantes teóricos da clase obreira, violen de xeito tan flagrante os dereitos dos traballadores. Ambos son responsábeis de situacións coma a presente, onde priman uns operarios sobre outros en función da súa afiliación sindical.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/01/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta