ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 29 de febreiro de 2008

O sábado 1 de marzo hai convocada unha manifestación na vila chairega
30 traballadores son despedidos en Guitiriz nunha empresa do sector da pedra

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Manifestación en Guitiriz o sábado 1 de marzo ás 12:00 horas, en Gaza; clic para aumentar
Todo o cadro de persoal, conformado por 180 traballadores, secundou un paro de 24 horas en protesta por estas represalias o pasado 27 de febreiro. Ademais, hai convocada unha manifestación en Guitiriz para o sábado 1 de marzo, que partirá ás 12:00 horas do Curro Vello e que rematará no Campo da Feira.
 
Ingemarga, empresa dedicada ao corte e serrado de pedra e mármore na localidade chairega de Parga (Guitiriz), despediu nos días pasados 30 dos seus traballadores, dous deles membros do Comité de Empresa, ao negárense a traballar na sección de serra durante as fins de semana.

Todo o cadro de persoal, conformado por 180 traballadores, secundou un paro de 24 horas en protesta por estas represalias o pasado 27 de febreiro. Ademais, hai convocada unha manifestación en Guitiriz para o sábado 1 de marzo, que partirá ás 12:00 horas do Curro Vello e que rematará no Campo da Feira.

Estes 30 traballadores foron represaliados ao negárense a traballar na área de serrado as fins de semana, pois o convenio tan só contempla xornada laboral de luns a venres. A empresa reaccionou despedíndoos e, posteriormente, foron substituídos por persoal contratado por medio de ETT's e por traballadores doutras áreas da empresa.

A mediación do Consello Galego de Relacións Laborais do 26 de febreiro foi infrutuosa e Ingemarga rexeitou readmitir os despedidos. Por outra banda, o caso xa está posto en mans da Inspección de Traballo e tamén se presentaron demandas xudiciais.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 29/02/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta