ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 26 de febreiro de 2008

A folga queda desconvocada
A asemblea de traballadores de Cespa en A Coruña aproba un acordo coa empresa

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Asemblea dos traballadores de Cespa en A Coruña; clic para aumentar
Á asemblea, celebrada na tardiña do 25 de febreiro no salón de actos do Edificio Sindical, asistiron cerca de 250 empregados, que aprobaron por inmensa maioría o preacordo que alcanzaran días atrás os seus representantes e Cespa. (Foto: ©galizacig.com 25/02/2008).
 
Non haberá folga no servizo de limpeza viaria e de recollida do lixo na cidade de A Coruña logo de que a asemblea de traballadores de Cespa aprobase o preacordo que atinxiran a parte social e a empresa na última xuntanza da mesa de negociación do novo convenio colectivo.

Á asemblea, celebrada na tardiña do 25 de febreiro no salón de actos do Edificio Sindical, asistiron cerca de 250 empregados, que aprobaron por inmensa maioría o preacordo que alcanzaran días atrás os seus representantes e Cespa.

O novo convenio terá unha vixencia de catro anos e contempla as seguintes subas salariais liñais:

• Ano 2008: IPC real do ano anterior + 540 euros.

• Ano 2009: IPC real do ano anterior + 640 euros.

• Ano 2010: IPC real do ano anterior + 665 euros.

• Ano 2011: IPC real do ano anterior + 690 euros.

No cuarto ano de vixencia haberá un incremento no salario base do 25% en concepto de plus de nocturnidade e do 20% a través do de toxicidade.

Ademais, conseguiuse un bloque de traballo para os empregados que presten servizo en horario diúrno de 6 días de traballo e 3 de descanso. Nas incapacidades temporais percibirase o 80% do salario nos 20 primeiros días e, a partir de aí, o 100%. Tamén se acadaron subas nas dietas.

A Federación de Servizos da CIG fai unha valoración positiva do presente acordo pois considera que se acadaron practicamente todos os puntos recollidos na plataforma sindical.

 
 
Informacións relacionadas
15/02/2008 A empresa ten a concesión municipal da limpeza viaria e da recollida
do lixo

Os traballadores de Cespa en A Coruña iniciarán unha folga indefinida a partir do 3 de marzo
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 26/02/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta