|
Actualidade CIG-Comunicación-
A Audiencia considera que López Pintos sufriu indefensión pois, na vista oral, o xuíz de Instrución non permitiu que declarasen varias testemuñas propostas pola defensa. O xuízo de faltas contra o secretario comarcal terá que volverse a celebrar, segundo estima o fallo da Audiencia Provincial. López Pintos fora condenado a aboar unha multa de 120 euros e a pagarlle unha indemnización de 600 en concepto de “danos morais” ao encargado da obra da construtora “OYC Compostela” en Mugardos na que catro obreiros portugueses levaban mes e medio sen cobrar. Membros da CIG acudiran ao lugar o 14 de marzo de 2007 para reclamarlle á empresa o pagamento das cantidades adebedadas a estes traballadores. |
||||||
Informacións relacionadas
|
||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 07/02/2008 |
||||||
|