|
Actualidade CIG-Comunicación-
A pesar de que agora está prohibido, polas rúas de Ourense contémplanse materiais que se deixaron de poñer hai dez anos aproximadamente, que son os materiais de fibrocemento. Ese foi o tema da rolda de prensa que tivo lugar nesta xornada en Ourense, xa que “observamos que agora na cidade se están a facer numerosos traballos sobre todo no casco vello e coa reforma que está a haber no casco vello de casas antigas, e co tema das augas, que están a mudar as tubaxes, xa que nos próximos anos se di que van cambiar máis de 100 quilómetros de tubaxes que conteñen amianto, e que agora se están a cambiar só cando hai filtracións de auga ou roturas”. Desde a CIG de Ourense detectaron que non se están a cumprir nestes traballos métodos de prevención nin de control sobre ese mineral, que se contemplan na lexislación. A este nivel a lexislación é moi ríxida co que son os traballos con amianto, e esixe unha serie de medidas de protección (pódense ver no anexo que axuntamos ao final da nova), e que non se están a cumprir.
As fotos que vemos nesta nova, e que foron as que se expuxeron na rolda de prensa, recollen casos de obras que se están nestes momentos collendo e derrubando, edificios antigos (onde fundamentalmente hai uralita ou tubaxes que son de fibrocemento e aí está o amianto), que se realizan como a demolición de calquera edificio, sen levar nin o traxe, nin a cara cuberta, nin botas, nin ningunha das medidas que están establecidas na lei. Nas imaxes os traballadores non só non teñen mascarilla, funda e guantes "senón que nin sequera poñen o casco e o arnés obrigatorio cando traballan en altura. Tamén amosaron outras, todas da semana pasada, nas que as tubaxes de fibrocemento extraídas nunha rúa pola súa rotura, almacénanse preto da depuradora municipal de augas, en Reza, sen ningún tipo de medida especial, cando este tipo de escombro debe cumprir medidas específicas para o seu almacenamento e eliminación.
A central sindical nacionalista anunciou o comezo dunha campaña na cidade para “esixir que haxa ese control nos traballos que leven exposición de amianto, que os centramos fundamentalmente nestes dous: a reforma do casco antigo e as obras na traída de auga”. A campaña ademais dunha campaña dirixida aos traballadores que se iniciará coa distribución destes folletos alertando sobre os graves riscos de contraer enfermidades, que segundo os expertos se contaxian no momento, pero que se ten resultado e coñecemento de que estás enfermo dez anos despois que son cancro de pulmón e outros cancros.
Etelvino Blanco, secretario comarcal da CIG de Ourense, anunciou esta campaña explicativa e ao mesmo tempo realizarán unha esixencia de control aos organismos públicos que son escritos que se van dirixir á delegación de Traballo para un control ríxido, á delegación de Sanidade, porque entenden que é un tema de saúde pública tanto para os traballadores como para os seus familiares ou veciños, no caso de que haxa unha exposición continuada, e tamén a Concellaría de Vivenda, porque é a que ten a responsabilidade na reforma do PERI no casco antigo, e a Concellaría de Medio Ambiente, porque é a que leva o tema das augas. Por último, Blanco subliñou que “é inadmisíbel a lixeireza coa que se trata por parte de empresarios e de autoridades e institucións un tema desta gravidade, e que constatamos en moitos sitios que hai unha falta de respecto absoluto ás normas mínimas. Pretendemos buscar esa sensibilización de todos para que non ter que lamentarse despois co tema de contraer enfermidades con eses traballos co amianto”.
|
|||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 19/02/2008 |
|||||||||
|