|
Actualidade CIG-Comunicación-
Segundo estes datos oficiais, no proceso de eleccións sindicais que ía do 1 de xaneiro de 2004 ao 31 de decembro de 2007 a CIG obtivo un total de 5.628 delegados, superando a CCOO e ficando a 545 delegados e delegas de UGT. Este bo resultado electoral da CIG ven reafirmar a crecente confianza dos traballadores e traballadoras galegas no modelo sindical diferente que representa a CIG respecto do sindicalismo español, un sindicalismo galego, reivindicativo, de base, participativo e independente do poder. Confírmase tamén o incremento en cada proceso electoral da representación da CIG. Neste proceso electoral escolléronse uns 2.000 delegados e delegadas máis, dos que a CIG obtivo a metade. Este é o cadro definitivo que quedaría:
Atendendo a nivel provincial, a CIG é a primeira forza sindical na provincia de Pontevedra, con 2.548 delegados e delegadas. Desde a CIG, xa se realizou unha avaliación moi positiva destes resultados nas eleccións sindicais, porque “ademais de situarnos como 2ª forza sindical en Galiza, colócanos nunha moi boa posición para acadar nos próximos catro anos o primeiro posto, superando nese período os delegados/as que nos separan de UGT”. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Informacións relacionadas
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 07/02/2008 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|