ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 29 de febreiro de 2008

Críticas a Traballo
A CIG de Ourense denuncia o espectacular incremento da sinistralidade en xaneiro

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Traballadores da Construción; clic para aumentar
Volve ser o sector da Construción o de maior sinistralidade, cun aumento do 62% nos números totais. (Foto: ©galizacig.com).
 
Un total de 406 accidentes con baixa en xornada de traballo rexistráronse en Ourense no primeiro mes do ano, 130 máis que no mesmo período do ano anterior (276) o que representa un incremento do 47%.

Volve ser o sector da Construción o de maior sinistralidade, cun aumento do 62% nos números totais; incremento que é do 67,96% en relación coa poboación afiliada entre un período e outro, tendo en conta o descenso desta última.

Por outra banda, desde a CIG de Ourense criticaron, a través dun comunicado de prensa “o incumprimento, por parte da Delegación de Traballo, do compromiso de reunir a Mesa na que participamos, ademais da propia Delegación, a Inspección de Traballo, a Fiscalía e as Centrais Sindicais”. Este encontro estaba previsto que se realizara despois das celebracións do nadal, e até o de agora non houbo ningunha convocatoria.

Sector

Leves

Graves

Mortais

Totais

 

2007

2008

% var

2007

2008

% var

2007

2008

% var

2007

2008

% var

Agricultura

20

15

-25

2

1

-50

0

0

0

22

16

-27,27

Industria

100

148

48

1

3

200

0

0

0

101

151

50

Construción

48

78

63

1

2

100

1

1

0

50

81

62

Servizos

102

157

53,92

1

1

0

0

0

0

103

158

53

Total

270

398

47,41

5

7

40

1

1

0

276

406

47

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 29/02/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta