ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 1 de febreiro de 2008

Este organismo fai caso omiso das 13 denuncias que presentou o sindicato nos últimos meses
A CIG-Transporte protestará na sede da Inspección de Traballo pola súa inhibición na empresa Luber

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Monbus; clic para aumentar
A CIG puxo en coñecemento da Inspección as ameazas recibidas por algúns traballadores, o atraso nalgunhas mensualidades, o exceso nas xornadas de traballo, o traslado irregular de seis empregados a Barcelona e o de outro a Pontevedra. Sen embargo a Inspección, por medio do inspector Francisco Javier Fernández Travieso, exculpa sistematicamente a empresa e ignora todas estas irregularidades. (Foto: ©Fernando Pol).
 
Membros da CIG-Transporte e traballadores de Luber, filial do Grupo Monbús dedicada ao transporte escolar, protagonizarán un acto de protesta o luns 4 de febreiro, a partir das 11:00 horas, nas instalacións da sede provincial da Inspección de Traballo, sita na rúa Menéndez Pelayo, 20, de A Coruña.

A CIG quere evidenciar con este acto o desleixo amosado pola Inspección de Traballo ante os continuos incumprimentos da lexislación laboral que comete Luber. A central nacionalista presentou até 13 denuncias contra a empresa nos últimos meses.

A CIG puxo en coñecemento da Inspección as ameazas recibidas por algúns traballadores, o atraso nalgunhas mensualidades, o exceso nas xornadas de traballo, o traslado irregular de seis empregados a Barcelona e o de outro a Pontevedra. Sen embargo a Inspección, por medio do inspector Francisco Javier Fernández Travieso, exculpa sistematicamente a empresa e ignora todas estas irregularidades.

Por outra banda, a CIG-Transporte quere lembrar que Raúl López e Juan Gómez Piña, outro directivo de Monbús, están procesados por coaccionar os traballadores de Luber nunha causa na que o Xulgado de Instrución número 2 de A Coruña abriu dilixencias previas.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 01/02/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta