|
Actualidade CIG-Comunicación-
A CIG Portos reclama para a Policía portuaria de Vigo o abono de 12.000 horas extras realizadas por un colectivo de 74 traballadores durante o ano 2007, a confección dun calendario laboral para todo o ano 2008, como é preceptivo, e o incremento de persoal a fin de adecuar o numero de efectivos a un servizo publico e de calidade á Comunidade portuaria. A semana pasada, a empresa acordou con CCOO e UGT, sindicatos minoritarios na Policía portuaria, o abono de 2.800 horas extras, fronte ás 12.000 realizadas, e as 6.000 declaradas pola empresa, que sigue persistindo na súa negativa a aportar á CIG os datos nominais dos días traballados na Policía portuaria, para evitar unha reclamación xudicial multitudinaria do colectivo. Así mesmo, a empresa acordou con CCOO e UGT o abono desas 2.800 horas a razón de 50 euros por xornada, importe que é a metade do contemplado no Convenio Colectivo de aplicación no Porto de Vigo, e que eles mesmos firmaron, xunto coa CIG, hai tres anos. As Asembleas de Policía portuaria realizadas o pasado mércores 13 de febreiro rexeitaron unanimemente o acordo acadado por insuficiente, e por iso decidiron continuar as mobilizacións até conseguir da Autoridade Portuaria o abono das 12.000 horas extras, a razón dos 107 euros xornada establecidos en Convenio para o ano 2007. Desde a CIG Portos afirman “continuar abertos ao dialogo, pero non imos facer deixación dos dereitos que lle asisten aos traballadores”. |
||||||
Informacións relacionadas
|
||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 19/02/2008 |
||||||
|