|
Actualidade CIG-Comunicación-
A concentración, para a que se mobilizarán delegados e delegadas da CIG da Comarca de Vigo, ven motivada polo despedimento dun traballador, que despois de 14 anos na empresa, realizando servizo de mantemento e xardinaría, é despedido e perseguido despois de gañar as eleccións sindicais en representación da central sindical nacionalista CIG. A Federación de Servizos da CIG denuncia a persecución sindical que se está a sufrir nestas instalacións, xa que ante a presentación da candidatura da CIG un venres, o traballador recibiu a carta de despedimento ao luns seguinte, 26 de novembro de 2007. Desde esa data tentouse procurar unha saída negociada á situación, que en todo caso tiña que pasar pola readmisión do traballador, pero que non conseguiu nada, polo que a acción sindical e a mobilización se volve totalmente necesaria. O traballador reclama a súa readmisión, polo que foi presentada diante do Xulgado do Social unha demanda por despedimento improcedente. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 07/02/2008 |
||||
|