ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 14 de febreiro de 2008

Diante das oficinas do Banco Santander en Vigo
Concentración pola perda de dereitos laborais e o despedimento de dúas traballadoras de Limpezas Cliner

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Subrogación do persoal ao 100% en Limpezas Cliner; clic para aumentar
O luns 11 de febreiro tivo lugar a primeira concentración, e esta semana tamén a van pechar con outra concentración para que se recoñezan os seus dereitos e pola readmisión das dúas traballadoras. As mobilizacións están convocadas por CCOO, UGT e CIG. (Foto: ©Gustavo Rivas/La Voz de Galicia).
 
Será o venres 15 de febreiro ás 12 da mañá diante das oficinas centrais do Banco Santander no cruce de Colón e Policarpo Sanz, para denunciar a situación que vive este novo colectivo desde que chegou a nova empresa, Limpezas Cliner, que subrogou este servizo.

Limpezas Cíes era a empresa que levaba a limpeza das oficinas do Banco Santander, até que a partir de principios deste mes de febreiro chegou Limpezas Cliner e subrogaron este servizo.

Esta nova empresa despediu a dúas traballadoras, unha delas delegada sindical da CIG, e baixou horas ao resto do persoal.


Semana de mobilizacións

Ante esta perda de dereitos laborais e o grave despedimento de dúas traballadoras, esta semana comezaron as mobilizacións e concentracións. O luns 11 de febreiro tivo lugar a primeira concentración, e esta semana tamén a van pechar con outra concentración para que se recoñezan os seus dereitos e pola readmisión das dúas traballadoras. As mobilizacións están convocadas por CCOO, UGT e CIG.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/02/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta