|
Actualidade
A Coruña, 8 de febreiro de 2008
Demandan que os traballadores das contratas
e subcontratas das minas non sexan excluídos das incorporacións e das prexubilacións
Delegados sindicais das auxiliares do carbón concéntranse na Delegación do Goberno
| |
 |
| Delegados sindicais da CIG nas empresas auxiliares
das minas de Meirama e As Pontes concentráronse o 7 de febreiro diante da Delegación do Goberno español
en A Coruña. (Fotos: ©galizacig.com
07/02/2008). |
 |
| |
Delegados sindicais da CIG nas empresas auxiliares
das minas de Meirama e As Pontes concentráronse o 7 de febreiro diante da Delegación do Goberno español
en A Coruña. Posteriormente, rexistraron dous escritos dirixidos ao Goberno do Estado para que poña
fin á discriminación que padecen os empregados das auxiliares da minaría do país.
No primeiro escrito, reclaman que o Ministerio
de Industria faga valer as diferentes resolucións adoptadas pola Cámara galega e polo Congreso dos
Deputados que apoian as incorporacións ás empresas principais e as prexubilacións dos traballadores
das auxiliares da minaría galega do carbón. No segundo, os representantes sindicais de As Pontes
denuncian o proceso de incorporacións a Endesa, que non se ativo á legalidade, e que ademais é
insuficiente pois tan só se integraron 80 operarios mentres que outros 60 foron excluídos pese a
que reúnen os requisitos para beneficiárense delas.
As minas de lignito pardo de Meirama e de As Pontes
pecharon o pasado 31 de decembro. 200 operarios de empresas auxiliares traballaban na primeira e 300 na segunda.
|