|
Actualidade
A Coruña, 2 de febreiro de 2008
Representantes deste organismo reuniranse
con dirixentes da CIG-Transporte para analizar a situación en Luber
Desconvocada a protesta na Inspección de Traballo prevista para o 4 de febreiro
| |
 |
| A CIG espera que a Inspección aporte
solucións aos incumprimentos da lexislación laboral que comete a empresa de transporte escolar Luber. |
| |
A CIG-Transporte desconvocou a protesta que
ía realizar o 4 de febreiro na sede provincial da Inspección de Traballo en A Coruña.
O coordinador territorial e a xefa provincial deste organismo accederon a reunírense o 7 de febreiro con
representantes da CIG para tratar os diversos incumprimentos da lexislación laboral que comete a empresa
Luber cos seus traballadores.
A CIG espera que a Inspección de Traballo
de A Coruña aporte solucións nesta xuntanza ás continuas irregularidades que en materia laboral
comete a empresa Luber cos seus empregados. A central nacionalista presentou até 13 denuncias contra esta
filial do Grupo Monbús dedicada ao transporte escolar nos últimos meses.
|