ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 27 de febreiro de 2008

A CIG convoca unha concentración diante do seu centro de traballo, a Estación de Servicio Bens
Despiden un empregado por gozar do permiso de paternidade

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Símbolos de xénero; clic para aumentar
O presente despedimento atenta contra a lexislación actual en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, viola os dereitos fundamentais e as liberdades públicas do traballador pois foi despedido cando pretendeu incorporarse ao seu posto tras desfrutar do período de 13 días de suspensión de contrato por paternidade.
 
A empresa Estación de Servicio Bens SL despediu un traballador despois de que gozase do permiso de paternidade para exercer o dereito legal a conciliar a súa vida persoal, familiar e laboral. O caso xa foi posto en coñecemento da Inspección de Traballo e tamén se denunciará no Xulgado do Social, onde se solicitará a nulidade do despedimento por se tratar dun exemplo claro de discriminación.

Os responsábeis da gasolineira non lle recoñeceron ao traballador o dereito a gozar do permiso de paternidade e, ademais, negáronlle a documentación necesaria para tramitalo diante da Seguridade Social. A Dirección Provincial deste organismo anunciou que iniciará contra a empresa “as actuacións pertinentes conducentes á imposición das sancións legalmente estabelecidas”.

O presente despedimento atenta contra a lexislación actual en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, viola os dereitos fundamentais e as liberdades públicas do traballador pois foi despedido cando pretendeu incorporarse ao seu posto tras desfrutar do período de 13 días de suspensión de contrato por paternidade.

A CIG xa denunciou o caso ante a Inspección de Traballo e solicitará, ademais, que o despedimento se declare nulo por ter como móbil unha das causas de discriminación prohibidas na Constitución española e na Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo. A central nacionalista esixe a readmisión inmediata do empregado e que se lle abonen os salarios que deixou de percibir. A CIG insta a Consellaría de Traballo a que se implique neste caso e que free calquera indicio de discriminación no traballo.

Ademais, a CIG organiza unha concentración diante da Estación de Servicio Bens SL, o xoves 28 de febreiro, ás 12:00 horas. (A gasolineira está situada no número 265 da Avenida de Fisterra de A Coruña, dirección entrada á cidade, en fronte do Ambulatorio do Ventorrillo).

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/02/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta