ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 28 de febreiro de 2008

Denuncia de CIG-Ensino
“Jóvenes empresarios” premia a unha empresa que recorta os dereitos laborais do seu persoal

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Grupo FEMXA; clic para aumentar
Para a CIG Enino, “non pode ser un modelo de cultura emprendedora unha empresa –FEMXA– que basea o seu éxito na explotación e no recorte dos dereitos dos seus traballadores e traballadoras, ao estilo da máis rexeitable vella empresa”.
 
A CIG-Ensino da comarca de Vigo fixo público a través dun comunicado de prensa o seu rexeitamento á concesión do IV Premio Joven Empresario ao grupo de empresas FEMXA, pola súa vulneración constante dos dereitos dos traballadores do seu propio persoal.

Este premio, concedido o pasado 14 de febreiro pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia, supostamente recoñece importantes méritos logrados polo grupo de empresas FEMXA, que realiza e imparte cursos de formación.

A CIG-Ensino quere denunciar que FEMXA se caracteriza por “unha práctica empresarial baseada no menosprezo ao seu persoal que, en condicións precarias, desenvolve o seu traballo baixo o sometemento aos seus xefes na incerteza dun despido fulminante”.

Para a CIG Enino, “non pode ser un modelo de cultura emprendedora unha empresa que basea o seu éxito na explotación e no recorte dos dereitos dos seus traballadores e traballadoras, ao estilo da máis rexeitable vella empresa”.

Describimos a continuación algunhas prácticas habituais nesta empresa:

• Despedimentos masivos inxustificados e sen previo aviso nos que é habitual que a última hora da mañá se lle comunique á traballadora ou traballador que pola tarde xa non volva a traballar. Os servizos xurídicos da CIG teñen gañado numerosas demandas por despido improcedente presentadas pola afiliación da central sindical como consecuencia desta práctica.

• Cambio constante aos traballadores e traballadoras de empresa en empresa das que constitúen o grupo FEMXA co fin de reducir os seus dereitos.

• Negativa da concesión aos traballadores e traballadoras con fillos menores de 9 meses da hora diaria de ausencia ao traballo ou hora de lactación.

• Obriga de facer horas extras non remuneradas baixo o pretexto de ter un posto con “horario flexible”.

• Condicións de traballo precarias, con dúas persoas en cada mesa, e moitas veces en cadeiras estragadas e nos que o repousapés é un artigo de luxo, sobre todo no local co que conta FEMXA no 1º andar do nº 22 da Travesía de Vigo.

• Ameazas constantes de despedimento e comentarios sexistas e de mal gusto dirixidos ao persoal.

Por todo o exposto a CIG-Ensino reclama que se lle retire o premio concedido ao grupo de empresas FEMXA que, coa súa práctica, constitúen na realidade un modelo antagónico ao que debe ser unha empresa galega do século XXI.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 28/02/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta