Actualidade / ArtigoVolver


Santiago, 5 de febreiro de 2007

Crack 2008?
 

Ignacio Ramonet-

Le Monde Diplomatique


Esta crise marca a fin dun modelo: o de sesenta anos de supremacía do dólar e dunha economía baseada no consumo estadounidense. A súa saída está na capacidade das economías asiáticas de relevar ao motor norteamericano. Neste sentido, a crise constitúe tamén unha nova manifestación do devalo da supremacía de Occidente. E presaxia, se cadra, o desprazamento próximo do centro da economía-mundo de Estados Unidos a China.



  Índice Dow Jones bolsa de New York; clic para aumentar
Outros analistas, adeptos ao capitalismo, amósanse moito máis alarmistas. Así, por exemplo, en Francia, Jacques Attali profetiza que "en breve (...) a Bolsa de New York, garante da pirámide de débedas, afundirase". Pola súa banda, Michel Rocard estima que "a crise mundial é para mañá mesmo", e non dubida en engadir: "Teño a convición de que isto vai explotar dun momento a outro".
 
O derrubamento das Bolsas o pasado 21 de xaneiro, "luns negro", constitúe un claro indicador da falta de confianza no plan de relanzamento da economía norteamericana, anunciado uns días antes por George W. Bush, cun montante de máis de cen mil millóns de euros. A urxente intervención da Reserva Federal de Estados Unidos (FED) cunha espectacular baixada dos tipos, permitiu acougar os ánimos. Por canto tempo? Poderán esas medidas evitar unha recesión en Estados Unidos e afastar o espectro dun verdadeiro crack mundial? Numerosos expertos así o cren. Pero tamén pensan que unha redución das previsións de crecemento e unha desaceleración da economía mundial serán inevitábeis.

Outros analistas, adeptos ao capitalismo, amósanse moito máis alarmistas. Así, por exemplo, en Francia, Jacques Attali profetiza que "en breve (...) a Bolsa de New York, garante da pirámide de débedas, afundirase(1)". Pola súa banda, Michel Rocard estima que "a crise mundial é para mañá mesmo", e non dubida en engadir: "Teño a convición de que isto vai explotar dun momento a outro".

O certo é que os signos de desconfianza se multiplican. Proba diso, a actual "febre do ouro". O metal amarelo –a súa cotización en 2007 aumentou un 32%- volve ao seu papel de valor refuxio. E todos os grandes organismos económicos, en particular o Fondo Monetario Internacional (FMI) e a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), xa prevén un descenso do crecemento mundial.

Todo comezou en 2001 co estourido da burbulla de Internet. Para preservar aos investidores, Alan Greenspan, presidente daquela da FED, decide orientar os investimentos cara aos valores inmobiliarios(2). Mediante unha política de tipos de xuross moi baixos e de abaratamento dos gastos financeiros, exhorta os intermediarios financeiros e inmobiliarios a incitar a unha clientela cada vez máis ampla a investir no "ladrillo". Ponse así en marcha o sistema dos ‘subprime’, créditos hipotecarios de alto risco e de taxa variábel concedidos a familias economicamente moi fráxiles(3). Pero cando, en 2005, a FED aumenta os xuros do diñeiro, deteriora a máquina e xera un desastroso efecto dominó que, a partir de agosto de 2007, vai facer cambalear o sistema bancario internacional.

A ameaza de insolvencia de preto de tres millóns de fogares, endebedados nuns 200.000 millóns de euros, provoca a quebra de importantes establecementos de crédito estadounidenses. Para se protexer contra ese risco, estes venderan unha parte das súas hipotecas dubidosas a outros bancos que os cederon a fondos de investimento especulativos os cales, á súa vez, os espallaran por bancos do mundo enteiro. Exemplar demostración da tolemia actual dos mercados financeiros.

Resultado: como unha fulgurante epidemia, a crise estendeuse ao conxunto do sistema bancario. Algúns dos principais establecementos financeiros -Citigroup e Merrill Lynch en Estados Unidos, Northern Rock no Reino Unido, Swiss Re e UBS en Suíza, a Société Générale en Francia, etc- acabaron por recoñecer perdas colosais e prevén depreciacións suplementarias. Para limitar a brutal caída e mesmo a bancarrota, varios deles tiveron que aceptar capitais provenientes de fondos soberanos controlados por potencias do Sur (China, Corea do Sur, Singapura, Taiwan) e petromonarquías.

Non se coñece aínda a amplitude exacta do desastre. Desde agosto de 2007, os bancos centrais norteamericano, europeo, británico, suízo e xaponés inxectaron á economía centenares de milleiros de millóns de euros. Sen conseguir reestabelecer a confianza.

A crise propagarase, con seguridade, da economía financeira á economía real. E unha conxunción de factores complementarios -baixa acelerada dos prezos inmobiliarios en Estados Unidos así como no Reino Unido, en Irlanda e no Estado español, restrición de liquidez de capitais, regreso da inflación, redución de créditos- agoiran efectivamente un neto retroceso do crecemento mundial. A isto engadíronse ultimamente outros fenómenos como as alza dos prezos do petróleo, das materias primas e dos produtos alimentarios. Ou sexa, todos os ingredientes dunha crise duradoira(4). A máis importante desde que a "especulación financeira" é a característica principal da economía. E desde que a globalización se converteu no marco estrutural da economía mundial.

Esta crise marca a fin dun modelo: o de sesenta anos de supremacía do dólar e dunha economía baseada no consumo estadounidense. A súa saída está na capacidade das economías asiáticas de relevar ao motor norteamericano. Neste sentido, a crise constitúe tamén unha nova manifestación do devalo da supremacía de Occidente. E presaxia, se cadra, o desprazamento próximo do centro da economía-mundo de Estados Unidos a China.


[Artigo tirado de ‘Le Monde Diplomatique’, febreiro de 2008]

 
 

 

Notas:

(1) L'Express, París, 13 de decembro de 2007.

(2) Le Nouvel observateur, París, 13 de decembro de 2007.

(3) Ler: Crises financières à répétition: quelles explications? Fondation Res Publica, París, 2008.

(4) Cf. André-Jean Locussol-Mascardi, Krach 2007. A vague scélérate deas "subprimes" , éditions Le Manuscrit, París, 2007.

 
As opinións vertidas nos artigos de opinión, enviados polos nosos colaboradores ou tiradas doutros medios, non teñen porque ser necesariamente compartidas pola CIG.
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/02/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apóntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta