|
Actualidade
Santiago, 22 de febreiro de 2008
Os traballadores acamparán en San Caetano
durante toda a campaña electoral
Manifestación dos traballadores de Serrabal e Ferroatlántica de Cee-Dumbría e Sabón
en Compostela
| |
 |
| O 14 de agosto, os traballadores de Serrabal
e Ferroatlántica foron andando desde O Grove até o chalé onde Touriño pasaba as súas
vacacións coa intención de seren recibidos polo presidente da Xunta para demandarlle o cumprimeto
dos compromisos adquiridos un mes antes da eleccións municipais. Touriño, que fora informado por
carta desta mobilización, na vez de falar cos traballadores preferiu estar, ese día na Feira do Cómic
de A Coruña. (Foto: ©galizacig.com). |
| |
Os traballadores e traballadoras da mina de
Serrabal e das plantas de Ferroatlántica en Cee-Dumbría e Sabón convocan para hoxe venres
día 22 de febreiro, ás 11:00 horas, unha manifestación con saída da Alameda, que percorerrá
as rúas de Compostela para rematar diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza en San Caetano.
Os traballadores/as teñen previsto realizar unha acampada durante a campaña electoral, diante da Xunta de Galiza (San Caetano), en demanda do
cambio de trazado da liña do Tren de Alta Velocidade e reiteran a súa máis “enérxica
defensa dos máis de 600 postos de traballo directos actualmente existentes tanto na mina como nas industrias
dela dependentes”.
Ademais, denuncian que as modificacións
do trazado que nos últimos meses se veñen anunciando nos medios de comunicación, para a Administración
non supoñen atraso algún na obra, mentres que a necesaria modificación do trazado ao seu paso
pola mina, tal e como repiten constantemente, si o provocaría, cando nos primeiros casos, aínda se
teñen que facer os estudos correspondentes e no caso da mina xa estarían realizados.
Suso Seixo explicaba, ao remate da manifestación en demanda de salarios dignos, contra a carestía da vida, as razóns polas
que se acordou levar a cabo a anunciada acampada coincidindo coa campaña electoral. Así, lembrou
que o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, tardou meses en conceder unha entrevista solicitada
polos traballadores e traballadoras de Serrabal e cando o fixo foi “porque coincidía coa campaña
das eleccións municipais e porque temía que lle puidésemos montar conflito durante a mesma.
Recibiunos, deunos boas palabras, pero non fixo absolutamente nada do que alí se comprometeu. Optou por
enganarnos demostrando así cal é a súa concepción do que é o diálogo
social, do que presume desde que tomou posesión do seu cargo dicindo que era un dos seus grandes obxectivos.
Demostrou que simplemente pretende utilizalo en beneficio político e en beneficio propio, en función
do cargo que ten, pero sen relación algunha co que sería unha forma normal de actuación ou
un comportamento democrático respecto das organizacións que representan á clase traballadora
deste país”.
|