|
Actualidade / Artigo O pasado como brétema Manuel Mera-
Os nazis tamén eliminaron a centos de miles de comunistas e a millóns de eslavos. Estas atrocidades tampouco se poden esquecer, e moito menos terxiversar ou agochar. Ademais no último século houbo outros xenocidios que non conseguiron o mesmo recoñecemento (se cadra porque non son aliados da maior potencia do mundo?), recordo o dos armenios a mans dos turcos, aos Ibos en Biafra, ou o máis recente en Ruanda. Todos eles, todos!, deben servir de exemplo contra a barbarie. Sempre admirei no povo israelí a súa vontade de existir como nación, mais iso non pode ser a brétema que agoche seu papel de agresivos colonizadores fai décadas. Non se pode aceptar que ser vítimas dun xenocidio lles dea dereito a usar calquer método pra defender intereses de grupo, máxime cando son tan excluíntes e insolidarios. Cumpre condenar o xenocidio, porén sen tapar os ollos ao que pasa hoxe: a agresión cotiá, o muro, o bloqueo, a destrución de fogares, a morte decote de persoas inocentes, nunha batalla desigual. O gueto de Varsovia vívese no presente nos Territorios Ocupados, e o pasado non pode xustificalo; como non se pode xustificar coa ocupación de Alemania, logo da Gran Guerra, os horrores posteriores dos nazis. |
||||
|
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 16/02/2008 |
||||
|