ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 7 de febreiro de 2008

Reclaman máis efectivos, un calendario laboral e o abono das horas extra
Nova mobilización da Policía portuaria de Vigo pola mellora das condicións laborais

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Concentración Policía portuaria; clic para aumentar
Concentración Policía portuaria; clic para aumentar
Con esta nova concentración, a CIG critica da Autoridade Portuaria “a falta de vontade negociadora” e a manifesta “a incapacidade do persoal directivo do porto para buscar solución a un conflito que vimos arrastrando desde maio do ano pasado”. (Fotos: ©galizacig.com 06/02/2008).
 
Efectivos da Policía portuaria fóra de quendas de traballo acompañados dos delegados do Comité de Empresa da CIG concentráronse o mércores 6 de febreiro as 7:45 horas no acceso a Autoridade Portuaria de Vigo por Guixar.

Só foi media hora de corte de tránsito no principal acceso ao porto comercial, pero os traballadores da Policía portuaria conseguiron chamar a atención dos centos de coches que colapsaron neses trinta minutos o acceso a Vigo nesta zona.

A CIG reclama da Autoridade Portuaria que se dote ao persoal de máis efectivos e dun calendario laboral, que especifique os días de traballo e descanso para o ano 2008 así como o abono de 12.000 horas extra realizadas no 2007.

Con esta nova concentración, a CIG critica da Autoridade Portuaria “a falta de vontade negociadora” e a manifesta “a incapacidade do persoal directivo do porto para buscar solución a un conflito que vimos arrastrando desde maio do ano pasado”.


Silencio da Autoridade Portuaria

A CIG critica ademais que “mentres o ente público Portos do Estado, do que depende organicamente a Autoridade Portuaria está disposto a resolver pola vía negociada o conflito autorizando o pago das horas extras, a Autoridade Portuaria de Vigo co seu silencio e falta de iniciativa está provocando que este conflito se radicalice nos próximos días”.

 
 
Informacións relacionadas
02/02/2008 12.000 horas de exceso de xornada
A Policía portuaria mobilízase polo calendario laboral e o aumento de persoal
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/02/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta