ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 15 de febreiro de 2008

Os traballadores repróchanlle a “Portos de Galicia” que non asine un acordo salarial
O persoal da estiba de Ribadeo, Celeiro e Burela estará de folga até o 2 de marzo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Por un traballo digno e estábel no porto; clic para aumentar
Está convocada unha folga que se estenderá desde o 18 de febreiro até o 2 de marzo. De non haber acordo neste período, os paros converteríanse en indefinidos desde o día 10. (Foto: ©galizacig.com).
 
O persoal da estiba e desestiba dos portos de Ribadeo, Celeiro e Burela está convocado a unha folga que se estenderá desde o 18 de febreiro até o 2 de marzo. De non haber acordo neste período, os paros converteríanse en indefinidos desde o día 10 do vindeiro mes.

Os traballadores queren presionar a dirección do Ente Público Portos de Galicia para que teña en conta as súas demandas e asine un acordo para o recoñecemento de salarios de actividade e inactividade que foi negociado entre a parte social, as empresas cargadoras e o propio Ente.

As negociacións comezaron en 2006. A CIG entende que non existe xustificación algunha para prolongar indefinidamente unha situación que resulta discriminatoria para este colectivo de traballadores con respecto aos seus compañeiros do resto de portos de interese autonómico e do Estado.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 15/02/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta