|
Actualidade CIG-Comunicación-
Os representantes dos traballadores denunciaron na asemblea, á que acudiron 280 empregados dos case 400 que ten a empresa na cidade, a falta de vontade negociadora de Cespa e as propostas “irrisorias” que presentou na mesa negociadora. A compañía propón un incremento salarial de 0,5 puntos máis o IPC máis 100 euros ao ano repartidos en 15 pagas (actualmente un peón percibe 889 euros ao mes). Pola súa banda, a parte social reclama unha suba conforme ao IPC máis 650 euros anuais e un aumento do 25% do salario base en concepto de plus de nocturnidade e tamén do 25% a través do plus de toxicidade e perigosidade. Os traballadores esixen a implantación da xornada continuada de mañá durante todo o ano para os empregados das oficinas, que todo cadro de persoal traballe en bloques de 9 días (6 de traballo e 3 de descanso), percibir o 100% do soldo en caso de incapacidade temporal e aumentar a tres os días do ano nos que non se traballe (até agora son dous). |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 15/02/2008 |
||||
|