ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 23 de febreiro de 2008

Hai meses xa advertiran que, de non ser atendidas as súas peticións, eles tamén entrarían en campaña
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica acampan ante a Xunta en demanda dun cambio de trazado do TAV

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
A coincidencia da mobilización co comezo da campaña electoral non é casual. Desta volta os traballadores non permitirán que o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, argalle pseudo-compromisos para paralizar as súas protestas, nun novo intento de evitar que Serrabal lle provoque “dor de cabeza” durante os 15 días de campaña. (Fotos: ©galizacig.com 22/02/2008).
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
 
Tras percorrer as rúas compostelás en manifestación, os traballadores de Ramsa, empresa concesionaria da explotación da mina de Serrabal, e dos centros de Ferroatlántica de Cee-Dumbría e Sabón cumpriron o seu compromiso de acampar diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza en demanda do cambio de trazado do Tren de Alta Velocidade (TAV) ao seu paso pola explotación mineira e en defensa dos postos de traballo.


Salvar Serrabal,
outro trazado xa!

A coincidencia da mobilización co comezo de campaña electoral non é casual. Hai meses xa advertiran que, de non ser escoitadas as súas demandas, eles tamén entrarían en campaña e non permitirían que, de novo, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, argallase pseudo-compromisos para paralizar as súas protestas, nun novo intento de evitar que Serrabal lle provocase “dor de cabeza” durante os 15 días de campaña.

Os traballadores non están dispostos a ser enganados como xa ocorreu xusto antes das eleccións municipais. Un mes antes da súa celebración Touriño accedera a manter unha entrevista con eles na que se comprometeu a buscar unha solución ás súas demandas en non máis de 20 días. Porén, ao remate da campaña e tras da celebración das eleccións municipais, nunca máis souberon do presidente.

Por iso, agora pretenden lembrarlle o seu esquecemento e xa anunciaron que o acompañarán durante a campaña electoral. A súa intención é permenecer diante das instalacións da Xunta, cando menos, até o día das eleccións. Para iso teñen organizado tanto quendas de estancia no campamento como un complexo de tendas de campaña, dúas carpas e unha autocaravana.

Tanto a manifestación como a montaxe da acampada foi tranquila malia a importante presenza de antidisturbios nos arredores de San Caetano e só houbo movemento de grilleiras cando unha parte retomou as pancartas e continuou camiño para realizar unha “acción sorpresa”.


A acción sorpresa: denuncia de manipulación informativa
en “La Voz de Galicia”

Mentres unha parte dos traballadores ficaron en San Caetano para gardar o campamento, o resto subiron até as dependencias de “La Voz de Galicia” en Salgueiriños. A súa intención, unha vez alí, era solicitar unha entrevista co delegado do diario e iso tamén o conseguiron. Unha representación dos traballadores foi recibida polo responsábel en Compostela do xornal, a quen lle manifestaron a súa disconformidade coa cobertura informativa que, a respecto de Serrabal, se viña publicando. Así denunciaron a “manipulación informativa” de La Voz de Galiza por só informar do que interesaba á Administración e o ADIF, mentres se ocultan, de forma sistemática outros datos que reforzarían os argumentos dos traballadores e traballadoras.

No decurso da marcha, os traballadores entregaron, para informar aos veciños e veciñas de Compostela, un comunicado do que está a acontecer realmente coa mina e das repercusións que terá o trazado actual de manterse.


COMUNICADO

«Os Comités de Empresa de RAMSA (empresa adxudicataria da explotación mineira de SERRABAL) e os Comités de Empresa de Ferroatlántica en Sabón e Cee queren amosar a súa desconformidade co trazado do tren de alta velocidade ao seu paso polos concellos de Vedra e Boqueixón pola afectación que o devandito trazado puidera ter sobre a Mina de Serrabal, con base nos seguintes motivos.

1º. Que a explotación da que estamos a falar, a mina de Serrabal, constitúe unha actividade mineira de grande importancia e riqueza para o noso país, sendo polo tanto circunstancial a empresa que teña nun ou outro momento esta concesión. Así, desta mina extráese, entre outros minerais, seixo de altísima calidade (silicio solar) que está a servir para desenvolver proxectos pioneiros de I+D+i. Boa proba disto é que no ano 1999, cando esta explotación viviu un cambio de concesionaria, os antigos propietarios da explotación, unha empresa con capital noruegués, condicionaron a contratación de senllas fragatas a IZAR a que lles fose garantido un mínimo de toneladas/ano deste mineral.

2º. A única opción que contemplamos é a aprobación dunha variante sobre o actual trazado do TAV ao seu paso polos concellos de Vedra e Boqueixón que conleve a plena viabilidade da explotación mineira como garantía da totalidade dos postos de traballo, xa que de nada nos serve, nin aos traballadores/as nin ao noso país, que a indemnización pola posíbel expropiación de terreos da mina sexa maior ou menor.

3º. Volvemos reiterar a nosa máis enérxica defensa dos máis de 600 postos de traballo directos actualmente existentes tanto na mina como nas industrias dela dependentes (Cee e Sabón), e polo tanto a defensa de presente e futuro da total e plena viabilidade desta explotación mineira, plena viabilidade que a súa vez debe redundar nun maior desenvolvemento industrial nas zonas afectadas así como a plena recuperación medioambiental dos terreos ocupados pola explotación mineira.

4º. Que a modificación de trazado do AVE que estamos a demandar non é, nin moito menos, a única modificación ao devandito trazado, xa que neste mesmo trazado se acordaron, en datas recentes dúas grandes modificacións (unha o ano pasado e outra neste mesmo ano). Unha das modificacións é entre os concellos de Lalín e Silleda (afectando aproximadamente a 2 quilómetros do trazado) e outra nos accesos do AVE a Ourense (afectando a uns 12 quilómetros). E todo isto a pesar de que as devanditas demandas son moito máis recentes que a nosa (xa levamos 5 anos) e de que, de todas as modificacións, a única que xa conta con todo tipo de estudos (e mesmo a primeiros do ano 2003 fose a primeira opción do Ministerio de Fomento) é a variante que propomos como salvación dos nosos postos de traballo (que afecta, dito sexa de paso, a só 5,5 quilómetros). É polo tanto difícil de entender cales son as motivacións ocultas que se están a barallar neste absoluto despropósito, xa que: É só a variante que salvaría os nosos máis de 600 postos de traballo a que provoca atraso? E non lle importa ás administracións autonómica e a central a riqueza do noso país?

5º. No tempo que levamos demando unha solución á nosa problemática laboral non foron poucos os datos e argumentos empregados polo ADIF para xustificar os seus posicionamentos, datos que en todo momento foron rebatidos con argumentos por parte nosa. Mais, de medio ano para aquí, estamos a asistir a unha serie de feitos que, entendemos, deberían pór en cuestión o quefacer do ADIF:

• Existen documentados bibliograficamente até 4 estudos do ADIF (todos eles por certo do mesmo autor) sobre as consecuencias que tería manter o trazado actual, mais e a pesar de demandalos en diferentes ocasións aínda non nos foi entregado ningún deles, pero o que entendemos como máis grave é a constancia (mesmo acreditado por medio de diferentes preguntas no Parlamento galego) que temos de que nin a Xunta de Galiza, nin o propio Parlamento galego, contan cos devanditos estudos.

• Hai aproximadamente 3 meses o propio ADIF recoñecía que pretendía expropiar 40.000 metros cadrados nos terreos da mina de Serrabal por “erro”, mais en ningún momento aclararon o devandito erro, a pesar de que esta expropiación nunca se fixera pública no BOE.

• Hai escasas datas a este cúmulo de despropósitos engade outro novo “erro” consistente en que, despois de estar mesmo publicado no BOE, anúlase a expropiación de 250.000 m2 que afectaría a 2 minas no Concello de Silleda, sendo a única xustificación que dá o ADIF, novamente, a existencia dun erro e a afección aos postos de traballo. Cabe, polo tanto, preguntarnos por que a pervivencia dos nosos postos de traballo ten un tratamento distinto.

Para nós queda claro, pois, que o cúmulo de despropósitos do ADIF o invalida para facer calquera valoración que sexa seria e críbel, mais ben indícanos o contrario: Cal vai ser o próximo “erro”?

6º. Máis que nunca, demandamos o estrito cumprimento da Resolución unánime, do 27/06/07, do Parlamento galego, que nestes momentos se está a incumprir, e na que entre outras cuestións se demandaba unha clarificación dos efectos cara ao emprego que tería manter o trazado actual.

En definitiva, dende ambos os Comités de Empresa queremos demandar das tres partes en litixio (Administración do Estado, Administración autonómica e empresa) que, por riba doutras cuestións, prime a defensa destes postos de traballo, así como demandamos de todas as partes que poñan todos os medios posíbeis, para tal e como antes diciamos, se leve a cabo unha alternativa, que entendemos posíbel, e que supoña, á vez que o mantemento dos postos de traballo, o desenvolvemento das infraestruturas ferroviarias».

Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar   Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar   Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar   Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar   Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar   Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar   Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar
Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar   Salvar Serrabal, outro trazado xa!; clic para aumentar

 
 
Informacións relacionadas
22/02/2008 Os traballadores acamparán en San Caetano durante toda a campaña electoral
Manifestación dos traballadores de Serrabal e Ferroatlántica de Cee-Dumbría e Sabón en Compostela
17/12/2007 Adiantan que impedirán o paso das máquinas á mina cando comecen as obras do tren nos terreos do xacemento
Se non se cambia o trazado do TAV, os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica endurecerán as mobilizacións
28/11/2007 Concentráronse unha vez máis diante da Casa Consistorial de Vedra
Traballadores de Serrabal frustran de novo a sinatura da expropiación da mina
26/10/2007 A folga foi seguida masivamente nas distintas plantas
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica colapsan Compostela demandando garantía dos postos de traballo
24/10/2007 Celebrarán unha manifestación con saída ás 11:00 horas da estación de tren de Compostela
Folga en Serrabal e Ferroatlántica o próximo xoves, día 25 de outubro
12/10/2007 Colgaron unha nota informativa na entrada do Centro Sociocultural de Sergude
O ADIF anula os actos de sinatura das actas de expropiación de terreos para construír o trazado do TAV
10/10/2007 Os operarios concentraranse o 10 e 11 de outubro diante do Centro Sociocultural de Sergude, en Boqueixón
Impiden novamente a entrega das actas de expropiación dos terreos da mina de Serrabal
06/10/2007 Trescentos operarios esixen a paralización das expropiacións ante a Delegación do Goberno español
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica irán a folga o 25 de outubro
03/10/2007 Denuncian que o ADIF pretende expropiar máis terreo do previsto inicialmente
Os traballadores impiden a entrega das actas de expropiación de terreos da mina de Serrabal
27/07/2007 Recibiron á presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, á entrada da Catedral
Os traballadores de Serrabal reivindican no Día da Patria o cambio de trazado do Tren de Alta Velocidade
24/07/2007 Os comités de empresa, CIG e UGT denuncian que ADIF rise deles e do Parlamento
Os postos de traballo presentes e futuros de Ferroatlántica e Serrabal non están garantidos
13/07/2007 Camiñaron desde Redondela até Vigo para visbilizar a súa protesta
Zapatero non recolle o informe preparado polos traballadores de Serrabal e Ferroatlántica
11/07/2007 O xoves 12 de xullo desde Redondela
Os Comités de Empresa de Serrabal e Ferroatlántica irán a pé até Vigo en demanda dunha xuntanza con Zapatero
29/06/2007 Aproban por unanimidade a iniciativa para saber cal é a afectación real do trazado do TAV sobre a mina de Serrabal e o emprego
O Parlamento apoia a celebración dunha xuntanza entre Administración, Grupo Villar Mir e organizacións sindicais
26/06/2007 Queren saber a afectación real da mina, senón pararán os tres centros de traballo
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica exixen unha xuntanza con Industria, Traballo e Villar Mir
21/06/2007 A reunión entre sindicatos, traballadores, ADIF, técnicos e Xunta remata sen acordo
Sen avances no conflito de Serrabal
06/06/2007 Os traballadores afectados polo trazado do tren de alta velocidade desconvocan temporalmente as medidas de presión
ADIF comprométese a presentar nunha semana un novo informe sobre o impacto do AVE na mina de Serrabal
05/06/2007 Anuncian accións sorpresa para presionar á Administración galega e a Fomento
Os traballadores de Serrabal exixen o posicionamento da Xunta sobre o trazado do TAV “sen ambigüidades”
28/04/2007 Comprometeuse a respostar en 15-20 días e se non é así adoptaranse medidas
Touriño acepta estudar o cambio de trazado do TAV ao seu paso por Serrabal
24/04/2007 Arredor de 2.000 persoas participaron na manifestación celebrada en Compostela
Demandan o cambio de trazado do TAV para garantir os postos de traballo de Serrabal e Ferroatlántica
14/04/2007 Demandan o cambio de trazado do TAV para garantir os postos de traballo
Os Comités de Ramsa e Ferroatlántica en Cee e Sabón convocan unha manifestación para o sábado 21
21/03/2007 Desde o 2003 piden á Administración un cambio de trazado do TAV que posibilite a explotación e garanta os postos de traballo
O conselleiro de Industria, Fernando Blanco, apoia ás demandas dos traballadores da mina de Serrabal
15/03/2007 Os conselleiros de Industria e Traballo confirman que recibirán aos comités de Empresa
Traballadores de Ferroatlática cortan o tráfico diante da Xunta en demanda dun cambio de trazado
25/11/2006 Demandan un trazado alternativo do Tren de Alta Velocidade
Os traballadores da Mina de Serrabal cortan o tráfico na estrada entre Santiago e Ourense
06/10/2006 Os traballadores da mina do Serrabal paralizan as obras do TAV en demanda dun cambio do trazado
18/08/2006 CIG-Metal manifesta a súa oposición ao trazado do TAV ao seu paso por Vedra e Boqueixón
09/08/2006 Para garantir a viabilidade da explotación mineira e o mantemento da totalidade dos postos de traballo
Os traballadores da mina de Serrabal seguen a mobilizarse por unha modificación do trazado do TAV
29/07/2006 Critica que se centre o problema nos cartos ao empresario e non nos postos de traballo
CIG-Químicas cuestiona a indemnización de 325 millóns a Villar Mir polo peche da mina de Serrabal
14/07/2006 Demandan un cambio de trazado do AVE para que se manteñan os postos de traballo
Os traballadores de Ramsa e Ferroatlántica en Sabón e Cee concéntranse en San Caetano
07/04/2006 Os traballadores de RAMSA preocupados polas informacións publicadas a respecto do trazado do AVE
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 23/02/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta