ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 13 de febreiro de 2008

A CIG ten previstas mobilizacións así como asembleas de traballadoras e traballadores
Vaga represiva na empresa de Telemárketing BOSCH
en Vigo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Por un emprego digno, non á deslocalización; clic para aumentar
Por un emprego digno, non á deslocalización; clic para aumentar
O día 21 de decembro o seguimento da Folga en Bosch foi practicamente total, sendo a concentración nesta empresa a que maior número de traballadores e traballadoras sumou en todo o Estado. Ese mesmo día a empresa asumía o compromiso de sentarse a negociar melloras extra-convenio. (Fotos: ©galizacig.com)
 
Unha delegada elixida nas eleccións do 20 de decembro e unha candidata do mesmo proceso despedidas; outros delegados da CIG sufriron cambio de quendas ou de campañas; despedimentos e sancións sen motivo son a parte máis evidente da vaga represiva no call center da multinacional Bosch en Vigo.

Comunitel era unha empresa galega de comunicacións que medrou co apoio, subvencións e suculentos contratos coa Administración pública galega. Todos os servizos de atención aos clientes estiveron sempre subcontratados a través do call center de Bosch en Vigo. Posteriormente Comunitel foi adquirida pola sueca Tele-2 que vén de ser adquirida á súa vez por Vodafone.

O pasado 20 de decembro a CIG gañaba as eleccións para a ampliación no Comité de Empresa, a primeira vez que o sindicalismo nacionalista conseguía a maioría nunha gran empresa do sector.

O día 21 de decembro o seguimento da Folga en Bosch foi practicamente total, sendo a concentración nesta empresa a que maior número de traballadores e traballadoras sumou en todo o Estado. Ese mesmo día a empresa asumía o compromiso de sentarse a negociar melloras extra-convenio.

O pasado 15 de xaneiro era despedida unha delegada da CIG, a única entre o persoal de estrutura. Na última reunión con RRHH mantida a semana pasada a empresa comprometeuse a estudar a situación e a falar antes da mediación no SMAC prevista para o vindeiro luns 18 de febreiro. Pero en lugar de afrontar a reincorporación da traballadora inxustamente despedida ten iniciado unha nova vaga represiva.

Ao longo desta semana varias persoas que estaban de baixa recibiron notificacións de despido; cando menos outras dúas persoas foron sancionadas con suspensión de emprego e soldo nun caso por chegar 1 minuto e 44 segundos tarde (segundo a empresa), no outro por non estar conforme cun informe sobre o seu traballo e solicitar a presenza dun representante sindical.

O día 12 de febreiro pola tarde era despedida unha candidata da CIG no último proceso electoral, recoñecendo a empresa a improcedencia e sen que a carta de despido recolla o motivo do mesmo (verbalmente a empresa dixo que era porque quería, sen que houbera motivo).

A CIG ten previstas mobilizacións na empresa así como asembleas de traballadores e traballadoras para expoñerlles a situación e analizar as medidas a tomar.


CIG-Banca, 13 de febreiro de 2008.

 
 
Informacións relacionadas
22/12/2007 Cun seguimento do 90%, empresas como Atento, Bosch ou Eurocen estiveron practicamente pechadas
Telemárketing: Unha folga con carácter galego
21/12/2007 Con 275 votos, obtivo 6 dos 9 representantes sindicais en xogo
A CIG gaña as eleccións sindicais na empresa BOSCH en Vigo cun 70% dos votos
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 13/02/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta