ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 28 de febreiro de 2008

Exixen que se cumpra a lexislación laboral e se faga indefinido a este persoal
Veterinarios/as de Tragsega entregan a Elena Espinosa 3.500 sinaturas en apoio ás súas demandas

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Solución para os traballadores/as de Tragsega; clic para aumentar
Solución para os traballadores/as de Tragsega; clic para aumentar
Xaime Ríos, portavoz do colectivo de Veterinarios eventuais, actualmente en situación de desemprego, falou, antes de comezar o acto, con Elena Espinosa sobre a situación do colectivo e fíxolle entrega das 3.500 sinaturas recollidas até o de agora, a través das que se constata o malestar dos veterinarios/as e demais poboación que os apoia. (Fotos: ©galizacig.com 26/02/2008).
 
Traballadores/as de Tragsega apoiados polos delegados/as de persoal de Tragsega Galiza, concentráronse en Ourense ante o restaurante Carballal, aproveitando a celebración da Conferencia-almorzo organizada polo Foro Nueva Economía, na que participaban a ministra de Agricultura, Elena Espinosa, e o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, para transmitirlles a situación laboral de indefensión legal na que se atopan e demandar solucións.

Xaime Ríos, portavoz do colectivo de Veterinarios eventuais, actualmente en situación de desemprego, falou, antes de comezar o acto, con Elena Espinosa sobre a situación do colectivo e fíxolle entrega das 3.500 sinaturas recollidas até o de agora, a través das que se constata o malestar dos veterinarios/as e demais poboación que os apoia.

Posteriormente, no Foro, Espinosa tivo que responder a preguntas dos xornalistas, polas pancartas despregadas á entrada do restaurante. Membros dos comités provinciais de Tragsega explican que a resposta da ministra ás explicacións de Xaime Ríos constatan que “posuía unha visión sesgada do que está a pasar en Tragsega xa que comentou que a empresa reducira a súa carga de traballo, cando en realidade Tragsega ten unha encomenda anual da Consellaría de Medio rural e agarda facer contratacións masivas en maio, unha vez que os traballadores, cunha media de antigüidade de 50 meses, perderan xa o seu dereito a ser indefinidos”.

O que está a provocar a mobilización das/os veterinarios é a decisión de Tragsega, empresa de capital público estatal dependente do Grupo Tragsa, de prescindir, no comezo da nova campaña de saneamento gandeiro da provincia de Lugo, dos 75 empregados eventuais que viña contratando desde 2002. Unha medida que as/os traballadores entenden que foi adoptada para evitar ter que converter os seus contratos eventuais en indefinidos.

Até o de agora, para facer a campaña de saneamento gandeiro Tragsega contrataba, por obra ou servizo, a aproximadamente uns 110 traballadores/as en Lugo (e máis de 250 en toda Galiza), entre veterinarios/as, administrativos/as e persoal de laboratorio.

Esa campaña realizábase en Lugo e no resto de Galiza desde xaneiro a xullo de cada ano até o pasado 2007, no que se prolongou desde o 2 de xaneiro até o 30 de setembro. No momento en que a campaña remataba, aproximadamente as dúas terceiras partes dos empregados (75 traballadores e traballadoras en Lugo) cesaban no seu posto por redución do volume de traballo no campo, aínda que logo eran regularmente contratados de novo ao inicio da seguinte campaña de saneamento.

Tragsega decidiu non contratar ningún destes traballadores eventuais en xaneiro de 2008 para evitar que se convertesen en fixos e burlar, deste xeito, o RD 5/2006. Unha norma que contempla a conversión en persoal fixo daquelas persoas que leven traballando na empresa 24 meses ou máis nos últimos 30 meses. Tragsega pospuxo as incorporacións dos 75 traballadores até maio deste ano co fin de que se produza unha desvinculación maior de seis meses da empresa.

 
 
Informacións relacionadas
26/01/2008 Concentración o martes 29 ás 12:00 horas no Polígono do Tambre, diante de Tragsa
Traballadores/as de Tragsega mobilízanse para denunciar a política de contratación da empresa
24/01/2008 Os traballadores solicítanlle en persoa ao presidente da Xunta que medie neste conflito
Tragsega prescinde do 70% dos seus empregados en Lugo para non facelos fixos
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 28/02/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta