ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 4 de marzo de 2008

O cadro de persoal parará todos os mércores en sinal de protesta
300 persoas esixen en Guitiriz a readmisión dos 30 despedidos en Ingemarga

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Readmisión despedidos xa!, polo cumprimento do Convenio; clic para aumentar
Readmisión despedidos xa!, polo cumprimento do Convenio; clic para aumentar
Antonio Niño, da CIG-Construción de Lugo, dirixiuse aos presentes no remate da manifestación e demandou unha implicación activa das Consellarías de Traballo e Industria neste conflito: “A Administración non pode mirar para outro lado e consentir os 30 despedimentos de Ingemarga e as ameazas da empresa contra os traballadores”. (Fotos: ©galizacig.com 01/03/2008).
 
Por volta de 300 persoas saíron ás rúas de Guitiriz o pasado 1 de marzo para expresar o seu apoio e esixir a readmisión dos 30 despedidos da empresa Ingemarga. Ao mesmo tempo que se desenvolvía a marcha, os comercios da vila pecharon en solidariedade cos empregados represaliados.

Antonio Niño, da CIG-Construción de Lugo, dirixiuse aos presentes no remate da manifestación e demandou unha implicación activa das Consellarías de Traballo e Industria neste conflito: “A Administración non pode mirar para outro lado e consentir os 30 despedimentos de Ingemarga e as ameazas da empresa contra os traballadores”, máxime cando se trata dunha empresa “que espoliou a zona” coa explotación de canteiras.

O representante da CIG reclamou novamente a readmisión dos empregados, o pagamento dos salarios adebedados e o cumprimento do convenio. “A súa intransixencia é a nosa resistencia!”, exclamou Niño ao rematar a súa intervención.

Por outra banda, os representantes da CIG e UGT na empresa acordaron convocar paros de 24 horas todos os mércores até que se consiga a readmisión dos 30 compañeiros que foron despedidos ao negárense a traballar as fins de semana, pois o Convenio da Construción estipula que a xornada é de luns a venres.

 
 
Informacións relacionadas
29/02/2008 O sábado 1 de marzo hai convocada unha manifestación na vila chairega
30 traballadores son despedidos en Guitiriz nunha empresa do sector da pedra
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta