|
Actualidade
A Coruña, 6 de marzo de 2008
Ao concluír a camiñada entrevistáronse
co delegado provincial
de Traballo
50 operarios marchan a pé desde Guitiriz a Lugo para esixir a readmisión dos despedidos en Ingemarga
| |
 |
| “A Marcha dos Trinta”, como a bautizaron os
propios traballadores, recibiu durante o traxecto mostras de apoio de numerosos condutores. (Á fronte da marcha, o secretario comarcal da CIG de Lugo,
Xosé Ferreiro). |
 |
 |
| Unha vez que o grupo de manifestantes chegou
a Lugo, dous centenares de persoas se uniron á camiñada até concluír diante do Edificio
da Xunta. (Fotos: ©galizacig.com
05/03/2008). |
| |
Medio centenar de traballadores percorreu a
pé os 40 quilómetros que separan Guitiriz de Lugo para esixir a readmisión dos 30 despedidos
da empresa Ingemarga. A camiñada solidaria arrincou ás 7:00 do 5 de marzo e concluíu seis
horas máis tarde diante do Edificio Administrativo da Xunta da capital luguesa.
“A Marcha dos Trinta”, como a bautizaron os propios
traballadores, recibiu durante o traxecto mostras de apoio de numerosos condutores que circularon durante esa mañá
pola Nacional VI.
Unha vez que o grupo de manifestantes chegou a
Lugo, dous centenares de persoas se uniron á camiñada até concluír diante do Edificio
da Xunta. Foi entón cando os representantes dos traballadores se entrevistaron co delegado provincial de
Traballo para demandarlle que interceda no conflito.
|