ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 4 de marzo de 2008

Trátase de recoñecer a loita sindical que sobresaíra no ano anterior
A CIG celebra a II Edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Premio do Día da Clase Obreira Galega; clic para aumentar
Na súa primeira edición, o Premio do Día da Clase Obreira Galega recaeu nos traballadores do sector do Metal da provincia de Pontevedra. (Foto: ©galizacig.com).
 
A Confederación Intersindical Galega celebra, este martes día 4 de marzo, a II Edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega, cun xantar de confraternización, a actuación de ‘Mini e Mero’ e a intervención do secretario xeral da CIG, Suso Seixo. Ao acto están convidados, ademais de representantes sindicais, representantes de diversas asociacións, entidades e persoeiros da vida cultural, política e económica de Galiza.

Cos premios do Día da Clase Obreira Galega, a CIG, ademais de lembrar esta significativa data, pretende –a medio dun agasallo– recoñecer publicamente aquela loita dos traballadores e traballadoras que sobresaíra durante o ano anterior polas súas características e por servir de exemplo para o futuro.

No decurso da mañá celebrarase unha asemblea para tratar sobre eleccións sindicais e negociación colectiva. Ao remate da mesma, contra as 14:15 horas, terá lugar o xantar de confraternización e cos postres, a actuación de ‘Mini e Mero’.

O acto, que terá lugar no Hotel Porta do Camiño, en San Lázaro, pechará coa entrega, a partir das 16:00 horas, do Premio do Día da Clase Obreira Galega e coa intervención do secretario xeral da CIG, Suso Seixo.

Entre as entidades e asociacións convidadas figuran:

- Consello Galego de Relacións Laborais.
- Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
- Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Asociación de Editores en Lingua Galega.
- Asociación Galega de Historiadores.
- Fundación Alexandre Bóveda.
- Fundación Galiza Sempre.
- Fundación Bautista Álvarez.
- Fundación Castelao.
- Esculca.
- Xustiza e Sociedade.
- Asociación Galega de Comunidades de Montes.
- Movemento polos Dereitos Civís.
- Mesa pola Normalización Lingüística.
- ADEGA.
- Sindicato Labrego.
- BNG.
- FPG.

Ademais, están convidados, entre outros, Xesús Iglesias, Benigno Sánchez, Manuel Veiga, Luís Álvarez Pousa, Xavier Vence, Xosé Díaz, Ana López Suevos, Mª do Carmo García Negro, Carlos Domenech de Aspe, Fernando Blanco Parga, Xaime Cabeza, Emilio Fernández de Mata, Fermín Paz Lamigueiro e Olaia Fernández Davila.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta