ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 8 de marzo de 2008

A central nacionalista obtén a maioría absoluta nesta
auxiliar de Alcoa

A CIG gaña as eleccións sindicais en CYRGASA

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Fábrica de Alcoa en San Cibrao; clic para aumentar
A CIG conseguiu tres representantes no Comité de Empresa de CYRGASA, o que significa que ten a maioría absoluta do mesmo. (Foto: Instalacións de Alcoa en San Cibrao).
 
A CIG conseguiu maioría absoluta en CYRGASA, empresa auxiliar da fábrica de Alcoa de San Cibrao, nas eleccións sindicais celebradas o pasado 6 de marzo. Estaban convocados para este proceso os 72 traballadores que conforman o cadro de persoal, dos cales exerceron o seu dereito de voto 63, o que representa unha participación de case un 90%.

O escrutinio deulle á Confederación Intersindical Galega 43 votos, o que supón un 70% de apoios. A candidatura de CCOO, o outro sindicato que participaba nestas eleccións, obtivo 19 votos, o que representa un 30% dos votos.

Traducidos estes votos a delegados, a CIG conseguiu tres representantes no Comité de Empresa, o que significa que ten a maioría absoluta do mesmo.

A CIG de A Mariña agradece o apoio masivo dos traballadores: “Estes resultados confirman a nosa liña sindical na empresa e contribúen a consolidar o liderado do noso sindicato na comarca”.


Resultado das eleccións

  Votos % votos Delegados
CIG 43 70 3
CCOO 19 30 2
Total 63 (1 branco) 100 5

Participación: 90%.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta