|
Actualidade CIG-Comunicación-
No acto de presentación interviñeron o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, a secretaria confederal da Muller, Mari Carme López Santamariña, e as concelleiras de Cultura e Igualdade, María Xosé Bravo e Margarida Vázquez, respectivamente. A presente mostra conta coa colaboración do Concello de A Coruña. Con esta exposición, a CIG fai un breve percorrido en imaxes polo traballo desenvolvido polas mulleres nos máis de trinta anos de existencia do sindicalismo nacionalista. As reivindicacións das mulleres organizadas na CIG seguen a ser as mesmas que as das décadas anteriores: garantir o dereito a decidir sobre o seu corpo (o aborto libre e gratuíto na sanidade pública); loitar contra a discriminación salarial, o acoso sexual, a precariedade laboral, a economía somerxida; mudar as condicións sociais, económicas e laborais das traballadoras do fogar; dignificar o papel das mulleres na historia; empregar unha linguaxe non sexista ou garantir o dereito das mulleres a participar na sociedade en condicións de igualdade. “O modelo sindical da CIG segue a ser hoxe en día a reafirmación da nosa clase, un modelo participativo, de base, combativo, que reivindica a nosa soberanía como mulleres, como traballadoras e como galegas”, indica a Secretaría da Muller da central. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 06/03/2008 |
||||
|