|
Actualidade CIG-Comunicación-
Exposición das razóns que levaron a CIG-Ensino a non asinar o acordo: • «Como as outras organizacións sindicais recoñeceron na propia xuntanza, este acordo supón facer importantes concesións pola parte que corresponde á defensa das condicións dos/as traballadores/as. • Podería ser entendible que se fixeran concesións dentro do ámbito dunha negociación normal que se atopase bloqueada. Mais non consideramos aceptable que esas concesións se fagan LOGO DE TER XA ASINADO UN ACORDO POR TODAS AS PARTES. Perécenos unha falla de rigor e seriedade e difícilmente xustificable diante do persoal ao que representamos. • Tamén resulta chamativo que as concesións teñan que caer sempre do mesmo lado, o que corresponde ás condicións do persoal. Pola contra, as patronais sempre saen beneficiadas, co beneplácito dos outros sindicatos. • O acordo asinado hoxe é discriminatorio entre o persoal pois a reducción do horario lectivo a 24 horas non se aplicará nun principio ao persoal que imparta todo o seu horario na ESO, que non terá esta reducción ata setembro de 2010, e deixa fóra ao persoal que, aínda tendo xornada completa, comparta horario entre a ESO e o Bacheralato. No acordo que asinaramos o 3 de xaneiro esta reducción aplicábase a todo o profesorado que tivera xornada completa en setembro deste ano. • Este acordo alonxa aínda máis o obxectivo de ir avanzando na reducción horaria ata as 22 horas lectivas, tal e como se reclamaba nas propostas sindicais apresentadas, tanto conxuntas, como individuais. • Tamén contradí este acordo o asinado polos outros sindicatos e patronais o 18 de xullo de 2007, nos que se comprometían a reducir a xornada a 24 horas lectivas para o curso 2007/2008 e 23 no curso 2008/2009. • No que respecta ao incremento salarial que se contempla no acordo (60€ no 2008, 45€ no 2009 e 45€ no 2010), está lonxe tamén do que foron sempre as demandas sindicais, que procuraban avanzar no camiño da homologación retributiva co profesorado do ensino público. • Aínda por riba, déixase totalmente pechada a posibilidade de renegociar durante máis de dous anos (setembro de 2010), cando no outro acordo que asináramos o compromiso era negociar de novo en setembro deste mesmo ano. • Outra vez queda o PAS ao marxe de calqueira tipo de mellora, ao negarse as patronais a vincular a partida de “outros gastos” cos salarios deste persoal. En definitiva, pasamos dun acordo razonablemente bo que acadaba melloras nun ano para todo o persoal a outro a tres anos que fai discriminación. Uns terán que rendir contas de por que non se aplicou o asinado antes e outros por que consentiron ese cambio de rumbo na negociación para empeorar». |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 14/03/2008 |
||||
|