|
Actualidade CIG-Comunicación-
Malia os resultados electorais proclamar á CIG como segunda forza sindical en Galiza, a Consellaría de Educación decidiu excluír ao sindicato nacionalista e deixalo sen representación nos Consellos Sociais das universidades galegas. Esta decisión, que desde a CIG se valora como “sectaria”, adoptouse ao aplicar o regulamento polo que se rexen estes Consellos, segundo o que son as dúas centrais máis representativas de ámbito galego as que teñen dereito a participar nestes organismos, sen ter en conta os resultados actualizados das eleccións sindicais, que ratificaron á CIG como segunda forza. A CIG soubo que estaba excluída cando, o pasado día 25 de febreiro, se fixeron públicos os nomes dos representantes da parte sindical e as propostas da CIG non estaban incluídas, malia ter sido entregadas en tempo e forma. Diante desta situación, a CIG acordou presentar un recurso de reposición que será entregado no decurso da concentración, no propio rexistro da Consellaría. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 05/03/2008 |
||||
|