|
Actualidade CIG-Comunicación-
A Consellaría de Educación decidiu excluír á CIG e deixala sen representación nos Consellos Sociais das Universidades galegas. Unha decisión que desde a Administración foi xustificada amparándose na aplicación do regulamento polo que se rexen estes organismos, e que puntualiza que son as dúas centrais máis representativas de ámbito galego as que teñen dereito a participar, sen ter en conta os resultados actualizados das eleccións sindicais. Por iso, na súa intervención ao remate da concentración, o secretario xeral da CIG lembrou que a CIG, ademais de estar recoñecida a nivel estatal como central sindical máis representativa é segunda forza en Galiza, tal e como se recolle nos resultados oficiais do último proceso de eleccións sindicais, rematado a 31 de decembro de 2007. Alén diso, Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, subliñou que a CIG é maioritaria nas universidades galegas, tanto no colectivo de PAS como de profesorado, e no ensino público en Galiza. Por iso ambos coincidiron en denunciar esta decisión como “antidemocrática” e anunciaron que de non atenderse o recurso de reposición iniciarase a vía contencioso-administrativa. Adxuntamos o recurso de reposición, onde se recolle o desenvolvemento de todo o proceso. (Ver vídeo realizado por |
||||||
|
||||||
Informacións relacionadas
|
||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 11/03/2008 |
||||||
|