ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 6 de marzo de 2008

A Unión Comarcal considera un insulto á clase traballadora galega a visita que o monarca español realizará á cidade este día
A manifestación de Ferrol será o acto central da CIG o 10 de Marzo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  X.A. López Pintos e Fran Cartelle; clic para aumentar
X.A. López Pintos, secretario comarcal de Ferrol, e Fran Cartelle, secretario comarcal de Organización, durante a roda de prensa na que se presentou a programación do 10 de Marzo. (Foto: ©galizacig.com 05/03/2008).
 
Contra a carestía da vida salarios dignos; clic para aumentar
pdf10 de Marzo, Día da Clase Obreira
Galega, “Contra a carestía da vida
salarios dignos”.
 
A tradicional manifestación de Ferrol será de novo o acto central da CIG o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega. A marcha partirá ás 19:30 horas do local do sindicato e rematará no Cantón despois de percorrer varias rúas do centro da cidade. A Unión Comarcal manifesta o seu total rexeitamento á visita que o monarca español fará a Ferrol neste día tan sinalado para os traballadores do país.

A Unión Comarcal considera que a presenza dos reis de España este día en Ferrol é un insulto á clase traballadora galega e á memoria das vítimas da represión de 1972. “Foi o franquismo quen nomeou o monarca como sucesor”, recorda o secretario comarcal, Xesús Anxo López Pintos.

As reclamacións do Marco Galego de Relacións Laborais e da soberanía nacional estarán presentes con forza na manifestación do 10 de Marzo, así como a reivindicación de salarios dignos e a denuncia da carestía da vida. A este respecto, a CIG-Ferrol manifesta que quen sofren as consecuencias da precariedade e dos prezos elevados “son as familias reais e non a que nos vai visitar o 10 de Marzo, que vive do Estado e dos contribuíntes”.

A programación do 10 de Marzo en Ferrol complétase cunha asemblea de delegados e delegadas ás 10:00 e coa ofrenda floral, ás 11:30, perante a estatua de Amador e Daniel, os dous operarios da Bazán asasinados pola policía española en 1972.

 
Descarga en .pdf
 
pdf10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, panfleto
pdf10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, cartaz

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 06/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta