ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 7 de marzo de 2008

As traballadoras/es deste servizo de atención telefónica reclaman a inclusión nas plicas de melloras laborais
A plantilla do número 112 denuncia o incumprimento dos compromisos da Consellaría de Presidencia

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Representantes do Servizo de Atención Telefónica 112; clic para aumentar
A representación sindical exixe “que se cumpran os compromisos e que se inclúan nas novas plicas as condicións de traballo prometidas e que motivaron que desde a asemblea de traballadores e traballadoras se aparcaran as mobilizacións e a campaña de denuncia iniciada”. (Foto: ©galizacig.com).
 
A directora xeral de Protección Civil, Esther Rodríguez Saavedra, dependente da Consellaría de Presidencia comprometeuse persoalmente coa representación sindical do 112, o pasado mes de outubro, a dar a coñecer os contidos das novas plicas para a adxudicación da concesión e a incluír as melloras laborais reclamadas polas traballadoras/es deste servizo, antes do 10 de febreiro de 2008. Porén, transcorrido case que un mes, aínda non se sabe nada.

En concreto estas melloras incluirían unha suba salarial, o control da xornada e regulamento de garda localizada ou as categorías profesionais, entre outras demandas que, no seu día, motivaran o inicio dun conflicto entre a plantilla e a actual empresa adxudicataria.

A representación sindical, tras tentar, nestes días, contactar coa Dirección Xeral e que informara do que tiñan previsto no contido das plicas, unicamente naquelo relativo ás condicións laborais, e tras comprobar que a empresa si coñecía estes datos e tamén se negaba a dar información vese na obriga de denunciar publicamente esta situación e a facer as seguintes consideracións:

«1. Consideramos este feito unha grave discriminación máis aos traballadores e traballadoras do 112. Denunciamos a falla de compromiso social desta Dirección Xeral ao manternos na incertidume durante este tempo. E xa non é a primeira vez que se nos oculta información, se nos negan reunións sen motivo... Parécenos grave tamén que a empresa coñeza datos que a nós se nos ocultan.

2. Exiximos que se cumpran os compromisos e que se inclúan nas novas plicas as condicións de traballo prometidas e que motivaron que desde a asemblea de traballadores e traballadoras se aparcaran as mobilizacións e a campaña de denuncia iniciada.

3. Anunciamos que de non ser así, o conxunto da plantilla retomará a campaña de presión social e denuncia da situación de precariedade que levamos padecendo xa demasiado tempo».

 
 
Informacións relacionadas
11/07/2007 Loita contra a precariedade
As/os traballadores do 112 demandan da empresa e da Administración a dignificación das condicións laborais
25/05/2007 “Non se pode cubrir unha emerxencia co noso compromiso social”
A CIG denuncia a situación laboral que padecen as/os traballadoras/es do 112
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta