ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 6 de marzo de 2008

Os traballadores conseguiron que non abrisen piscinas, pavillóns, campos de golf ou de fútbol
A primeira xornada da folga nas instalacións deportivas é secundada polo 95% dos empregados

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Instalacións deportivas, Convenio xa!; clic para aumentar
Instalacións deportivas, Convenio xa!; clic para aumentar
Os traballadores conseguiron nesta primeira xornada de folga que non abrisen ao público piscinas, pavillóns, campos de golf ou de fútbol de toda a provincia. O paro foi total na cidade de A Coruña. (Fotos: ©galizacig.com 05/03/2008).
Instalacións deportivas, Convenio xa!; clic para aumentar
 
A primeira xornada de folga do persoal das instalacións deportivas da provincia de A Coruña, que se desenvolveu o 5 de marzo, foi todo un éxito. As tres centrais convocantes (CIG, UGT e CCOO) cifran o índice de seguimento do paro no 95%. Ese mesmo día houbo unha concentración diante da Confederación de Empresarios de A Coruña.

Os traballadores conseguiron nesta primeira xornada de folga que non abrisen ao público piscinas, pavillóns, campos de golf ou de fútbol de toda a provincia. O paro foi total na cidade de A Coruña, onde a actividade se paralizou por completo en instalacións tan importantes como a Cidade Deportiva da Torre, a Casa da Auga ou o Clube do Mar.

O 90% das instalacións afectadas pola folga son de titularidade pública. Os traballadores decidiron apoiar as dúas xornadas de paros, a do 5 e a do 8 de marzo, para forzar os empresarios a que se constitúan como asociación patronal para poder negociar o convenio colectivo provincial. Actualmente, aos empregados do sector da provincia, por volta de 500, aplícanlles múltiples convenios, o que provoca que se perpetúe a precariedade e que existan importantes diferenzas salariais entre traballadores que desempeñan a mesma función.

 
 
Informacións relacionadas
04/03/2008 Os traballadores ratifican por inmensa maioría os paros dos
días 5 e 8 de marzo

O persoal de Deportes da provincia coruñesa mobilízase de
cara á folga
23/11/2007 Demandan un convenio colectivo propio
Os traballadores do sector de Deportes trasladan as súas protestas até a Xunta
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 06/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta