|
Actualidade CIG-Comunicación-
No caso de Galiza o desemprego seguiu a diminuír, mais en menor medida que nos anos precedentes, cunha forte ralentización do descenso a medida que transcorría o ano. “O sector da construción parece ser o causante desta situación: de media no estado aumentou preto do 20% o número de parados no devandito sector, cando en Galiza diminuíu o desemprego nel aínda que nunha contía pouco significativa”, explica López Gromaz. A economista da CIG tamén matiza que no que atinxe á contratación aumentou lixeiramente con respecto ao ano anterior, pero “mantense a mesma proporción de fixos/temporais, o que fai pensar que a taxa de temporalidade non se debeu modificar substancialmente no ano que rematou”.
|
|||||||
|
|
|||||||
|