|
Actualidade CIG-Comunicación-
A citada empresa, que se rexe polo Convenio colectivo da Construción, accedeu, mediante concurso público, ao mantemento e conservación das estradas do Sur da provincia de Pontevedra dependentes da Consellaría de Política Territorial e Obras Públicas, subrogándose co persoal da anterior contrata. Estes quince traballadores teñen os seus centros de traballo en Couso, Gondomar e Ponteareas. Extraco non só non respectou as condicións pactadas entre os traballadores e a anterior concesionaria en materia de xornada, quendas, reténs ou cotizacións, senón que pretende impor as súas propias condicións inferiores ao estipulado no Convenio de aplicación. Ante estes reiterados incumprimentos e a negativa da empresa a retomar as negociacións, os traballadores decidiron a convocatoria da folga como medida de presión. Os traballadores de Extraco e os representantes da CIG teñen solicitado á Consellaría de Política Territorial a súa intervención para esixir que esta empresa e todas aquelas que traballen para a Administración cumpran escrupulosamente os acordos laborais. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 07/03/2008 |
||||
|