ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 7 de marzo de 2008

Con asemblea de delegados/as
Concentración polo 8 e 10 de Marzo en Pontevedra

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Pontevedra celebra o 8 e 10 de Marzo; clic para aumentar
Na Mesa están, de esquerda a dereita, Xoán Xosé Bouzas, responsábel da Unión Local de O Salnés; Rafa Iglesias, secretario comarcal da CIG de Pontevedra; Mª Carme López, secretaria confederal da Muller; Delmiro Durán, secretario de Organización da CIG de Pontevedra; e Pilar Abal, secretaria comarcal da CIG Muller. (Fotos: ©galizacig.com 06/03/2008).
Pontevedra celebra o 8 e 10 de Marzo; clic para aumentar
Pontevedra celebra o 8 e 10 de Marzo; clic para aumentar
Na mobilización coreáronse consignas contra a discriminación laboral, polas retribucións salariais igualitarias, así como se lembrou a figura de Amador e Daniel, e a importancia da xornada do 10 de Marzo para a clase obreira galega.
Pontevedra celebra o 8 e 10 de Marzo; clic para aumentar
Pontevedra celebra o 8 e 10 de Marzo; clic para aumentar
Na Praza 10 de Marzo, a secretaria confederal da Muller, Mª Carme López, deu lectura a un manifesto no que se salientou a denuncia da dobre xornada laboral que teñen que desenvolver as mulleres, e que se está a converter “no asasino silencioso das mulleres”.
 
Desde as dez da mañá un numeroso grupo de delegados e delegadas da CIG reuníanse no local sindical da CIG en Pontevedra para celebrar unha asemblea con motivo das datas do 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora, e o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega.

Despois da asemblea, pasadas as doce e media da mañá, saía do local sindical, preto da Praza de Ferrería, unha manifestación até a Praza 8 de Marzo.

Na mobilización coreáronse consignas contra a discriminación laboral, polas retribucións salariais igualitarias, así como se lembrou a figura de Amador e Daniel, e a importancia da xornada do 10 de Marzo para a clase obreira galega.

Na Praza 10 de Marzo, a secretaria confederal da Muller, Mª Carme López, deu lectura a un manifesto, que anexamos ao final desta nova, e no que se salientaba a denuncia da dobre xornada laboral que teñen que desenvolver as mulleres, e que se está a converter “no asasino silencioso das mulleres”.

A secretaria confederal da Muller chamou á “rachar coa división social e sexual do traballo no interior do fogar familiar, que implica un esforzo colectivo”. Ademais lembrou que o 7 de marzo terá lugar en Compostela o acto nacional de entrega do Premio 8 de marzo, dirixido a recoñecer o labor de mulleres ou colectivos de mulleres traballadoras en defensa dos seus dereitos.


Lembrando o 10 de Marzo

Despois desta intervención, Rafa Iglesias, secretario comarcal da CIG de Pontevedra, dirixiu unhas palabras aos concentrados/as, nas que lembrou a convocatoria da manifestación nacional en Ferrol a tarde do 10 de marzo. Iglesias lembrou a “xusta reivindicación dos traballadores da Bazán que é o xermolo do sindicalismo nacionalista”, e recolleu esta data para lembrar a importancia da negociación colectiva, como foi no ano pasado a de Trebes Galiza, ou nos convenios da Construción ou do Metal da provincia de Pontevedra.


Loitando contra a dobre presenza: dobre loita, dobre resposta

«En Galiza levamos séculos loitando pola equiparación entre as condicións laborais ou profesionais do home e da muller. Aínda hoxe denunciamos que as mulleres seguen a sufrir violencia e discriminación, tanto nos ámbitos de saúde, a reprodución e a educación, como nos ámbitos da promoción profesional, intelectual e política. Seguimos atopando un teito de cristal que limita a nosa equiparación cos homes, sobre todo cando queremos acceder a postos de liderado político, económico, social, intelectual.

Pero por se isto non é pouco, a muller destina moitas máis horas ca o home por xornada laboral ás tarefas domésticas, de xeito que o fogar segue a ser o segundo centro de traballo para a muller, un traballo que non é remunerado e que lle impide descansar do traballo realizado fóra da casa.

A dobre presenza estase a converter no asasino silencioso de moitas mulleres. Aínda que non se vexa, a saúde das traballadoras está sendo gravemente afectada. A dobre e mesmo ás veces tripla xornada de traballo que enfrontan miles de galegas está causando graves problemas de saúde física e psicolóxica que irremediablemente afecta ao desempeño laboral e familiar destas. Cada vez son máis as traballadoras que sofren estrés, depresión, ansiedade, insomnio, trastornos de alimentación, ataques cardíacos, e accidentes relacionados coa carga de traballo.

Rachar coa división social e sexual do traballo no interior do fogar familiar implica un gran esforzo colectivo. Require amosar as raíces estruturais de tal división e a importancia política do pacto social que a mantén. Pero para isto tamén precisamos políticas sociais que atendan ás carencias materiais da conciliación, que ademais sexan capaces de mudar as pautas e os valores que hoxe en día sosteñen o mencionado modelo.

Desde a Secretaría da Muller da CIG cremos necesario denunciar esta situación. As traballadoras debemos organizarnos e deter a explotación da dobre xornada de traballo. As mulleres temos que garantir o tempo para participarmos da vida pública, política, sindical e cultural do país.

Con motivo desta data a Secretaría da Muller organiza o día 7 de marzo o acto nacional de entrega do Premio 8 de Marzo, dirixido a recoñecer o labor de mulleres ou colectivos de mulleres traballadoras en defensa dos seus dereitos».

 
 
Informacións relacionadas
06/03/2008 A Unión Comarcal considera un insulto á clase traballadora galega a visita que o monarca español realizará á cidade este día
A manifestación de Ferrol será o acto central da CIG o 10 de Marzo
01/03/2008 8 de marzo, Día da Muller Traballadora
Loitando contra a dobre presenza: dobre loita, dobre resposta
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta